jueves, 21 de marzo de 2013

I TROFEO FONTES DO SAR

De novo este sábado temos unha cita co atletismo, esta vez participando no I Trofeo Fontes do Sar, no Estadio Universitario de Santiago. Serán probas para escolares, dende pre-benxamín ata xuvenil, e nalgunhas disciplinas tamén poderán participar as categorías superiores. Por suposto o noso club terá participación en tódalas categorías e en todas as disciplinas e tamén botaremos unha man na organización para o que lles faga falta unha vez que a programación das probas foi feita en conxunto con o Millaraio e o ontes do Sar tamén colaborou no noso Torneo.

Ao longo do día de hoxe enviaremos as listas coas probas que fará cada atleta.

Recordamos tamén que han de estar todos os participantes no Estadio, polo menos 30 minutos antes da saída da súa proba. E imprescindible levar a camiseta do clube, pantalón corto e , os que teñan, as zapatillas de cravos.


Neste enlace tendes toda a información dos horarios das probas e das categorías participantes:

TROFEO FONTES DO SAR

Vémonos no Estadio!!

No hay comentarios: