Por motivos alleos ao club e a Federación, lamentamos informarvos que nos vemos na obriga de, a poucas horas do comezo do noso primeiro torneo, cambiar o horario para a xornada da tarde, ao inciciarse a partir das 16:00.
A realización do torneo estuvo ameazada ata ó último momento por outra actividade simultánea na instalación da USC,que impedía a realización do trofeo, feito comunicado ao club a última hora de onte.
Gracia a unha intensa mañá de xestións do Presidente David, Dirección técnica,Juan Pablo, O delegado da FGA, Iván Sanmartín e a directiva do club Fontes do Sar, Pedro, pudose dar unha solución alternativa á cancelación doTrofeo Atletismo Millaraio e que nos permite levar a cabo esta competición
Entendemos as posibles baixas e pedimos desculpas por todos os danos ocorridos, esperando que as cousas se fagan de outro xeito a próxima ocasión de deixando claro que a xestión tanto do Club Millaraio, como da Delegación foi totalmente correcta, sendo un problema en exclusiva da organización do espazo das pistas.
Aqueles que se ofreceron voluntario, pedimos que nos confirmen a posibilidade de seguir participando pola tarde e confirmamos que se fará a presentación as 15:30
Deixamos o enlace co novo horarios e desconsideramos as cancelacións de inscripcións, por lo que se manteñen, salvo casos técnicos xa tratados e outras imposibilidades que se resolverán antes da competición. Entendemos a ausencia dos que non poidan estar e pedimos que se esté polo menos 30 minutos antes da proba para confirmar e facer o quencemento.
COMUNICADO E NOVO HORARIO
NOVO HORARIO
No hay comentarios:
Publicar un comentario