lunes, 1 de octubre de 2012

Resultados CorreSan

Gran participación de atletas do Clube na carreira do circuito CorrerSan o pasado sábado!

Tedes os resultados na páxina da Delegación de atletismo de Santiago:

http://www.fgatletismo.es/santiago/

Noraboa a todos aqueles que enfrentarón a dureza da carreira e fixerón que o azul de Millaraio fora a cor mais vista de todas na carreira de menores!
A próxima carreira será o vindeiro 14/10 nas inmediacións do estadio de San Lázaro onde tera saída e meta. Pedimos a organización que faga un esforzo por poñer unha carreira para os Benxamíns tamén e parece que están traballando no tema para que poidamos levar a todos os atletas do Clube!

Un saúdo!

Horarios Definitivos

Xa tedes no Calendario os horarios definitivos para este curso!  Para que poideran vir algúns atletas cadetes e Xuveniles que teñene clase pola tarde, conseguimos axustar o horario dos lúns para que sexa de 18:30 a 19:30 nas pistas de atletismo.

Así quedan os horarios:

LÚNS :

 Coles/Infantiles: 18:00 a 19:00 - Pistas USC
 Cadetes/Xuveniles: 18:30 a 19:30 -Pistas USC

Benxamín/Alevín: 18:30 a 19:30 - Pabellón Milladoiro

MÉRCORES:


Coles/Infantiles/Cadetes/Xuveniles: 18:00 a 19:00 - Pistas USC

Benxamín/Alevín: 18:30 a 19:30 - Pabellón Milladoiro



SÁBADOS TODOS PISTAS DE ATLETISMO USC:

- Infantíl - Cadete- Xuvenil   -  11:00 a 12:30
- Alevín - 12:00 a 13:30
- Benxamín - 12:30 a 13:30

Un saúdo!

sábado, 29 de septiembre de 2012

Carreira de Brión 07/10

Así como aos corredores maiores de 10 anos suxerimos a participación na carreira de CorreSan en Santiago, faremos a recomendación dunha outra carreira, pero agora para os nosos atletas de 12 anos e menos. É a tradicional carreira da Amaia en Brión que axustou o percorrido para os mais pequenos este ano , sendo un par de Voltas pola carballeira da Vila (aprox. 500m)

A inscripción debe ser feita individualmente atá o vindeiro martes e tedes toda a información no enlace abaixo:

http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/

Dende a dirección técnica tentaremos enviar algún adestrador para orientar o quecemento e os preparativos para a carreira, aínda que non sexa considerada carreira "do Clube"e animamos a que participen todos os que poidan, pois é unha maneira de comenzar a tempada facendo un adestramento a maiores e probando como vai a resistencia de cada un no principio da tempada.

Deixamos un resumen coa información principal da proba:

INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse antes das 14 horas do venres día 2 de Outubro
NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DA CARREIRA

PERCORRIDOS
NENOS E NENAS ATA 12 ANOS: 500 m. aprox.
ADULTOS: Novo percorrido 8000 m.

HORARIOS
RECOLLIDA DE DORSAIS: antes das 10 hrs.
SAÍDA NENOS: 10:30 hrs.
SAÍDA ADULTOS: 11:00 hrs.

CATEGORÍAS
A- MIXTA DE 7 A 9 ANOS
B- MIXTA DE 10 A 12 ANOS


Un saúdo!

martes, 25 de septiembre de 2012

Tendas e Centros de Servicios colaboradores

O TINTEIRO, libros de texto, material escolar, regalos.  
O Milladoiro
 GLASSDRIVE-GRUPO AUTO VIDRIO
 Milladoiro, Ribeira, Cee
MAYZU,cortinas e edredóns
O Milladoiro
CENTRO MASCOTA,
O Milladoiro 
CALVIÑO moda home e muller,
O Milladoiro
 CENTRO DEPORTIVO
Santiago de Compostela

Adquisición de Material

Recordade que todos os sábados de 11:15 a 12:00, poderedes recoller material deportivo no local do club, situado na rúa Rosalía de Castro nº 47 baixo, no Milladoiro  (en frente da farmacia). Este material pódese cambiar polos puntos conseguidos na tempada pasada.
Temos algúns plumiferos da tempada pasada cunha subvención do 65% por parte do club. Se estás interesado pregúnta se queda a túa talla.
Para cuestións relacionadas co material podedes chamar a este número a partir das 21.00 horas de martes a domingo : 625 057 912 ou escribir un email a seguinte dirección:miguelbuela@gmail.com

lunes, 24 de septiembre de 2012

Circuito CorreSan

Como xa sabedes o Concello de Santiago ven de organizar un circuito de carreiras pola cidade e o próximo sábado 29 celebrase a terceira carreira. Transcorrirá polo Parque do Paxonal , a carón do Corte Inglés.
Toda a información a tendes na páxina da Federación Galega de Atletismo e podedes consultala no enlace:

                                             
                                       http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1009                  
Todos os atletas que estaban no club o ano pasado, dos  anos  2002 e anteriores xa estades inscritos e as categorías se rixen pola tempada 2011/2012, polo que os nados en 2003 e anteriores non poden participar.
Os que xa participastes nalgunha carreira deste circuito debedes levar o dorsal que vos falicitaron ao principio e os demais debedes recollelo con alguén do Clube.
Os atletas novos que queirades participar debedes de  facer a vosa  inscripción individualmente, como indica o regulamento.
Recordade que os que vaian a participar non virán ós adestramentos, pois a propia carreira servirá de entreno.
Tedes que ser puntuales, por iso recomendase estar a lo menos 40 minutos antes do inicio ca carreira.
Boa sorte a todos. Vémonos o Sábado

lunes, 17 de septiembre de 2012

Adestramentos Setembro

Tedes no calendario na parte dereita do blog os horarios e lugares dos adestramentos para o mes de Setembro. Unha vez revisados os grupos e confirmados a maioria dos atletas en relación ao número de días e cales dias adestran, enviaremos próximamente o listado cos días e lugares de adestramento de cada atleta.

Aclaramos que as categorías que tratamos na información do calendario xa atenden à nova tempada que comenza oficialmente o día 1 de novembro:

Benxamín:  2004-05
Alevín: 2002-03
Infantil: 2000-01
Cadete: 1998-1999
Xuveníl: 1996-97

Próximamente enviaremos o proxecto e a estrutura definitiva dos adestramentos e competición de toda a tempada.

Un saúdo!