Tedes no calendario na parte dereita do blog os horarios e lugares dos adestramentos para o mes de Setembro. Unha vez revisados os grupos e confirmados a maioria dos atletas en relación ao número de días e cales dias adestran, enviaremos próximamente o listado cos días e lugares de adestramento de cada atleta.
Aclaramos que as categorías que tratamos na información do calendario xa atenden à nova tempada que comenza oficialmente o día 1 de novembro:
Benxamín: 2004-05
Alevín: 2002-03
Infantil: 2000-01
Cadete: 1998-1999
Xuveníl: 1996-97
Próximamente enviaremos o proxecto e a estrutura definitiva dos adestramentos e competición de toda a tempada.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario