jueves, 13 de septiembre de 2012

Dúbidas e Esclarecementos - Adestramentos de Setembro

Hola a todos!

Dende a dirección técnica queremos facer algunhas consideracións con respecto a estructura que iremos ter para a vindeira tempada.

En primeiro lugar, deixar claro que a partir de outubro pretendemos que a estructura de horarios e lugares de adestramento sexa o mais estable posible e que se axuste ao máximo para dar aos nosos atletas as mellores condicións materiais e físicas de traballo.

Por outra banda está a formación de grupos onde dependemos da información do número de  dias de adestramento de cada atleta e das novas inscripcións, que ainda estamos recibindo en algunhas categorias. Ata o final de setembro teremos os grupos pechados e poderemos finalizar o proceso de axuste de adestramentos e horas, pois barallamos diferentes posibilidades.

Durante o mes de Setembro, teremos o seguinte calendario:


PRIMEIRO DÍA- SÁBADO 15/09- PABELLÓN MILLADOIRO:

Para o vindeiro sábado teremos unha sesión inicial de recoñecimento, onde os atletas farán un primeiro contacto despois das vacacións. Como os sábados xuntamos a TODOS  os atletas do clube, convén que fagamos unha separación para mellor atender a todos. Optouse por facer a separación por categorias referentes ao ano pasado ou o que ven a ser o mismo : Nados en 2002 e anteriores veñene a primeira hora as 11:00 e os nados en 2003,04,05 na segunda hora as 12:30. Para ese día entendemos pola experiencia que 1h30' de adestramento poderia ser demasiado para os segundo grupo, principalmente para os que comenzan ese ano no clube e por eso o de acabar as 13:30 esa primeira sesión.

DÍAS DE SEMANA- LÚNS E MÉRCORES - 18:30- 19:30  -PABELLÓN MILLADOIRO

Os atletas Cadetes e Xuveniles, así como os Infantiles e Alevíns que veñen 3 días a semana, xa o farán, de 18:30 a 19:30 no Pabellón de Milladoiro.

Os atletas que veñen 2 días deben vir o día que lles toca que será informado individualmente por correo eletrónico ou o día do 1º adestramento, respectando en primeiro lugar a critérios técnicos  e logo á secuencia do grupo do ano pasado e as preferencias individuais.

SÁBADOS 22 E 29/09. PABELLÓN MILLADOIRO:

- Infantíl - Cadete- Xuvenil   -  11:00 a 12:30
- Alevín - 12:00 a 13:30
- Benxamín - 12:30 a 13:30

* É moi probale que sexa este o horario definitivo de adestramentos para o curso a partir de outubro, quedando pendente apenas o lugar de adestramento dos benxamíns.


Esperamos solucionar as dúbidas e ter todos os temas pechados ata o final da vindeira semana!

Un saúdo,

Juan Pablo. Director Deportivo.

No hay comentarios: