sábado, 29 de septiembre de 2012

Carreira de Brión 07/10

Así como aos corredores maiores de 10 anos suxerimos a participación na carreira de CorreSan en Santiago, faremos a recomendación dunha outra carreira, pero agora para os nosos atletas de 12 anos e menos. É a tradicional carreira da Amaia en Brión que axustou o percorrido para os mais pequenos este ano , sendo un par de Voltas pola carballeira da Vila (aprox. 500m)

A inscripción debe ser feita individualmente atá o vindeiro martes e tedes toda a información no enlace abaixo:

http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/

Dende a dirección técnica tentaremos enviar algún adestrador para orientar o quecemento e os preparativos para a carreira, aínda que non sexa considerada carreira "do Clube"e animamos a que participen todos os que poidan, pois é unha maneira de comenzar a tempada facendo un adestramento a maiores e probando como vai a resistencia de cada un no principio da tempada.

Deixamos un resumen coa información principal da proba:

INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse antes das 14 horas do venres día 2 de Outubro
NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DA CARREIRA

PERCORRIDOS
NENOS E NENAS ATA 12 ANOS: 500 m. aprox.
ADULTOS: Novo percorrido 8000 m.

HORARIOS
RECOLLIDA DE DORSAIS: antes das 10 hrs.
SAÍDA NENOS: 10:30 hrs.
SAÍDA ADULTOS: 11:00 hrs.

CATEGORÍAS
A- MIXTA DE 7 A 9 ANOS
B- MIXTA DE 10 A 12 ANOS


Un saúdo!

No hay comentarios: