martes, 4 de septiembre de 2012

Material Deportivo

Unha das ventaxas que teñen os sócios do Clube é a adquisición de material deportivo específico a precios especiais e coa utilización de puntos acumulados durante a tempada (se darán a coñecer os puntos que ten cada atleta mais adiante). Dende o clube, queremos recordar que temos zapatillas de adestramento, chandales, camisetas e zapatillas de clavos no stock, polo que podedes prenguntar ao club antes de comprar calquera material.

No caso des zapatillas de clavos, dáse a facilidade de poder entregar as antigas (em bo estado) e pagar a mitade nunhas novas!  Por outra banda a nosa adestradora Paula Campanero, que está pasando unha etápa de intercambio en Australia, deixou un par de clavos ao Club, que serán entregados a algún dos nosos atletas según a talla e logo polo mérito de presencia en adestramentos e competicións!

Os que queiran facer algun pedido de material deportivo, deben dirixirse directamente ao presidente Miguel Buela por correo eletrónico:  miguelbuela@gmail.com

Un saúdo e en 10 dias comenzamos cos adestramentos!

No hay comentarios: