lunes, 19 de octubre de 2009

Juan Pablo Fernández Rodrigues adestrador de MillaRaio



Juan Pablo é atleta profesional, corredor de 800 e 1.500 m., e conta con importantes campionatos. Entre outros foi subcampión Sudamericano de Milla en Ruta no 2005, finalista en 1500m nos Campionatos de Brasil Absolutos no 2007, Campión Galego de 1.500 m. absoluto no 2008. Ademais participou en seleccións galegas de cross e pista entre os anos 2004 e 2008.

É Licenciado en Ciencias da actividade física e do Deporte pola Escola de Educação Física e Esporte pola Universidade de Sao Paulo/EEFEUSP. Conta ademáis co Curso de Entrenador de Atletismo Nivel I de IAAF (Federación Internacional de Atletismo) e cun Master en Alto Rendemento Deportivo do Comité Olímpico Español/UAM. Madrid.

Ten ampla experiencia nos eidos do adestramento persoal e deportivo tanto con adultos como con nenos. Foi monitor da escola de deportes da EEFEUSP para nenos de 7 a 11 anos e profesor de iniciación ao atletismo do Colexio alemán Humboldt para alumnos de 9 a 16 anos.

A Revista Atletismo Español publicou, en xullo deste ano, o seu traballo académico "Las edades de aparición de resultados como determinantes directas del éxito futuro. Su repercusión en la planificación a largo plazo". Escrito en colaboración con Mariano García Verdugo, seleccionador nacional de medio-fondo da RFEA e director da Área de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela.

No Congreso Internacional de ciencias do deporte celebrado no 2008 en Pontevedra, desenvolveu o curso "El talento deportivo. Detección, selección y promoción" e presentou o artigo "La aparición de resultados relevantes en la carrera de los mejores atletas españoles de MFF". No 2006 tamén presentara neste congreso o artigo "La ocurrencia de episodios de vómitos en corredores de Medio Fondo. Posibles causas y consecuencias". Impartiu unha charla de formación organizada pola Federación de Atletismo de São Paulo no 2008 "A evolução dos resultados na carreira de atletas de MFF de elite. Quando e como começar para chegar longe?". A súa tese doutoral, aínda sen rematar, versa sobre a evolución dos talentos deportivos no atletismo.

Nin que dicir ten que estamos moi contentos de contar cun adestrador tan profesional no noso modesto club.

No hay comentarios: