Gran participación e boa organización na X Carreira Pedestre popular do concello de Ames, celebrada no paseo fluvial de Bertamiráns este pasado domingo. A maioría dos atletas de MillaRaio correron en Bertamiráns e o club colaborou coa organización do evento botando unha man.
Alba López Portabales, acadou o 1º posto na categoría benxamín feminino. Parabéns para ela e para todos os nenos e nenas do club que participaron con moito esforzo e interés. A carreira resultou algo dura para os máis pequenos, debido ás grandes distancias que debían percorrer as categorías inferiores. O 1º premio absoluto masculino foi para Juan Pablo, o noso adestrador.

Destacar o ambiente sano e deportivo que se respira nas carreiras populares. O importante é que os pequenos e pequenas se aficionen a practicar deporte e adquiran hábitos de vida saudables, sen obsesionarse pola competición deportiva e o número de trofeos gañados.
Máis información nesta páxina do Concello de Ames
Máis información nesta páxina do Concello de Ames
1 comentario:
Dende o meu punto de vista dar a enhoraboa a labor de ese club Milla-Raio que está a facer cos nenos , e logo felicitar a organización polo empeño que puso para que se disfrutase unha maña co deporte tan sano como é o atletismo.
Publicar un comentario