A Carreira da Muller celébrase por primeira vez en Santiago o 23 de maio cun percorrido de 6 km. que irá desde o Monte de Gozo ata a Praza do Obradoiro.
É o evento deportivo feminino máis importante de Europa cunha participación de máis de 48.000 mulleres en 2009 e co obxectivo de chegar ás 59.000 este ano. Unha parte dos cartos recadados na carreira son doados á AECC para a loita contra o cancro de mama. Inscribíndote cun "dorsal cero" doas o importe íntegro da túa inscrición.
Inscricións do 26 de abril ao 19 de maio neste enlace ou na planta de deportes do Corte Inglés de Santiago, A Coruña e Vigo ata agotar os 2.000 dorsais dispoñibles. A recollida de dorsais o 21 de maio de 12 a 14 e o 22 de maio de 10 a 14 e de 16 a 20 h. O prezo de inscrición son 5,60 euros.
A inscrición pode ser individual ou por equipo. Os tipos de equipo poden ser: dúas ou tres irmás, nai e filla, avoa-nai-neta, sogra e nora, dúas cuñadas, tía e sobriña, nai e dúas fillas, parella de feito, compañeiras de empresa (3 mulleres), ximnasio ou club de atletismo (3 mulleres), asociación de mulleres (3 mulleres)... A lista é tan ampla que ata podemos anotarnos como mamás de atletas de MillaRaio.
¡Ánimo mamás de MillaRaio! Está permitido correr ou camiñar a paso lixeiro. Se o fixemos por Haití ¿por qué non para colaborar na loita contra o cancro?
Máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario