sábado, 17 de abril de 2010

Susana Mayo Redondo nova secretaria de MillaRaio


A socia Susana Mayo Redondo é a nova secretaria do Club. Susana exerceu, con gran profesionalidade, o cargo de secretaria dende o nacemento de MillaRaio, en decembro de 2008, ata setembro de 2009.

O nombramento de Susana contribúe a dar continuidade e estabilidade ao proxecto deportivo, educativo e lúdico que representa MillaRaio. A Directiva actual considera necesaria esta estabilidade para asegurar que o Club se afiance e medre nestes primeiros anos de funcionamento.

Na Xunta Directiva sempre hai espazo para os/as voluntarios/as que desexen aportar a súa valía. A filosofía de traballo é de servizo ao Club en equipo e con humildade, con independencia do cargo que cada un ocupe nun intre dado. MillaRaio naceu como un proxecto dos pais e nais que o formamos e todos temos a posibilidade de contribuír co noso traballo e ideas a mellorar cada día este Club. 

1 comentario:

Xose Luis Ramos dijo...

Como secretario salinte e agora como socio dar a enhoraboa a Susana Mayo Redondo para coller a secretaría do Club Atletismo MillaRaio.
Tamén quero desesarlle sorte e forzas para que o proxecto, que no seu día empozou con outros socios do club, agora de volta o club sigua loitando para que o noso club sigua crecendo.
Sorte amiga Susana.

Un socio
Xosé Luis Ramos.