jueves, 29 de abril de 2010

Clasificacións da carreira de Fisterra

Leo vence en Fisterra na categoría benxamín. Correu 990 m. nun tempo de 3'37''. Parabéns á súa familia e a Leo que, carreira tras carreira, demostra ser un loitador e un campión. O Correo Galego fíxose eco da nova e publicou os nomes dos premiados nas categorías escolares.

Iago Fuentes tamén participou en Fisterra na categoría alevín. Fixo un percorrido de 5 km en 26'48'' acadando o posto 11 da súa categoría e o posto 38 da xeral (dun total de 119 atletas alevíns, infantís e cadetes). Parabéns a Iago polo seu esforzo e á súa familia. Está claro que temos unha canteira de campións.

Descoñecemos se participou algún outro atleta de MillaRaio xa que, nesta ocasión, cada socio debía apuntarse por si mesmo. Se así foi, podedes enviar os vosos comentarios ao blog.

Máis información

2 comentarios:

JAIME FERNANDEZ dijo...

ME GUSTA SABER QUE MILLARAIO TIENE BUENOS ATLETAS, AUN QUE SEAN PEQUEÑOS, PERO SIEMPRE ESTAN LUCHANDO Y INTENTANDO COMPETIR.

LEO TE FELICITO A TI Y A TODOS QUE A SU MANERA SON TAMBIÉN CAMPEONES.

VIVA MILLARAIO!!!!!!!

Xosé Luís Ramos dijo...

A miña máis sincera enhoraboa a Leo polo seu espirítu gañador e competetivo e os seus pais por estar ahi apoiando en todo momento.
Tamén felicitar a Iago Fuentes polo seu esforzo e os seus pais que colaboran co club , sobre todo a David Fuentes como fotógrafo oficioso do club, e non cobrar nada, outro o mellor non o faría.
E felicitar a Juan Pablo pola sua labor como adestrador e director deportivo, por estar traballando da maneira que o fai cos nenos , a pesar dos pesares.

Ata logo

Xosé Luís Ramos