lunes, 12 de abril de 2010

O secretario de MillaRaio presenta a súa dimisión voluntaria


Xosé Luis Ramos, secretario de MillaRaio, presentou hoxe a súa dimisión voluntaria ao presidente do club. Agradecerlle no nome da Directiva de MillaRaio, e no meu propio, a gran labor desenvolvida ao longo desta tempada na que exerceu o seu cargo. Destacar a súa capacidade de traballo e a implicación persoal e ilusión que sempre demostrou polo proxecto deportivo que representa MillaRaio. Sen esquecer o papel imprescindible que xogou na preparación da Carreira Solidaria de Axuda a Haití, na que se volcou de xeito especial. Deixamos o enlace para descargar un video da TVG gravado en "Galicia Xuventude Net" no que fala do Club.

Publicamos, a xeito de despedida, o texto que nos fixo chegar hoxe ao blog. 

Boas a todos/as socios/as do club de atletismo MillaRaio: 
Agradecer a todos a oportunidade de traballar ao voso carón, por facer posible que coñecese os meus defectos e as miñas virtudes, permitíndome medrar como persoa. MIL GRAZAS A TODOS. Quero deixar unha cousa ben clara, voume pero levo conmigo un anaco de vós e do club MillaRaio. Desexarvos sorte e forzas para seguir loitando por MillaRaio, para que sexa un club respectado. 
Desculparme polos días que puiden faltar ao respecto, concretamente no adestramento do pasado sábado… pero marcho do club co moita dor e triste por non rematar o proxecto polo que tanto loitei no seu día. Un debe saber ata cando pode seguir como directivo e neste intre, por problemas persoais, isto resúltame imposible.
Por diferentes motivos que agora non veñen a conto, cheguei a pensar si realmente merecía a pena seguir loitando por MillaRaio e sentíndome vacío. Este é o motivo real polo que deixo o meu cargo.
Quero facer chegar á Directiva actual e á vindeira (si cambia) o meu total apoio como socio deste maravilloso club MillaRaio do que no seu día tiven a aportunidade de formar parte como secretario.
Ata sempre compañeiros. Aquí tedes un amigo para o que vos faga falta.
Saúdos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Quero darlle ánimos a Xosé Luis e non pasa nada penso que fas o correcto. Penso que máis xente debería face-lo mesmo ca ti. Isto é un club de nenos e máis nada. O mal rollo tansmitídelo ós demáis. Saudiños.

Anónimo dijo...

Como socia de este club dar las gracias a José Luis por su participación voluntaria y mi total apoyo a todos para seguir con este buen hacer. Besitos.

Anónimo dijo...

Enhorabuena a nuestro querido entrenador y a nuestro presidente por un triunfo más.

Anónimo dijo...

Quero felicitar a Xoan Pablo e a Miguel polo seu triunfo e decir que temos grandes exemplos para os nosos xóvenes atletas. un saúdo.

Anónimo dijo...

Dar as gracias a Xosé Luis pola súa participación na directiva e polo seu bo facer e a súa alegría cando nos xuntamos, moitos ánimos e gracias por formar parte do noso proyecto. Biquiños.

Xose Luis Ramos dijo...

Dar as grazas a todos aqueles socios/as que superon e saben valorar o meu traballo, dentro do papel que desempeñei no seu día no club, pero o éxito é voso por aguantarme tanto tempo de secretario, funme por motivos que todos/as sabedes, pero quero que saibades que a vida sigue e vendrán outros que o farán mellor o igual que a mín, nadie e impriscindible nesta vida.
Grazas por todo que aprendín convosco como directivo e agora como socio.
Grazas polos vosos mensaxes de cariño, eso fai que siga no culb MillaRaio.

Despidome con un ata luego e un saudo para todos/as.