A carreira está recomendada por Juan Pablo pola súa proximidade xeográfica e a boa organización da proba que contará co control técnico da FGA.
VII Carreira Pedestre Concello de O Pino
O sábado 8 de maio na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago).
Categorías, horarios e distancias
Prebenxamín/2003 e posteriores/19:00 h/ 500 m
Benxamín/2001-2002/19:10 h/850 m (1 volta ó circuito pequeno)
Alevín/1999-2000/19:10 h/850 m (1 volta ó circuito pequeno)
Infantil/1997-1998/19:20 h/1.930 m (1 volta ó circuito mediano)
Inscricións
Todos os atletas de MillaRaio estarán inscritos para esta carreira. Os dorsais recolleranse na Secretaría da competición sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (Casa da Cultura) ubicada fronte ó polideportivo municipal como plazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
Premios
Trofeo para os 3 primeiros clasificados por categoría e sexo.
Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba sen axudas externas.
Trofeo para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final.
Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
Camiseta técnica e bebida para tódolos participantes.
Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).
VI Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras
Celebrarase o domingo, 9 de maio, a partir das 11.00 h. A saída e chegada será no campo de fútbol de Cacheiras, Teo
Categorías, horario e distancias
Pre-infantís/ ata 7 anos/ 11:00 h/ 1 km (distancia ao meu parecer inapropiada)
Infantís/ 8-12 anos/ 11:00 h/ 1 km
Cadetes/ 13-14 anos/ 11:30 h/ 3 km
Xuvenís/ 15-16 anos/ 12:00 h/ 8 km
Júniores/ 17-18 anos/ 12:00 h/ 8 km
Promesas/ 19-30 anos/ 12:00 h/ 8 km
Séniores/ 31-40 anos/ 12:00 h/ 8 km
Veteranos/ 41 anos/ 12:00 h/ 8 km
Máis información e Percorridos das probas
V Carreira Popular As Agüiñas, O Porriño
O 9 de maio, a partires das 10:00 horas, no Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.
Entregaranse trofeos ós 5 primeiros na categoría de menores. Finalizada a entrega de trofeos, sortearase UNHA BICICLETA entre os atletas das categorías menores. Para poder recolle-lo premio, será condición sine qua non a presencia física do atleta en cuestión, sorteándose de novo o agasallo caso de non estar presente.
Categorías, distancia e horario
Cadete homes/ 95-96/ 2.578 m/ 10:00 h
Cadete mulleres/ 95-96/ 2.014 m/ 10:15 h
Infantil homes/ 97-98/ 2.014 m/ 10:25 h
Infantil mulleres/ 97-98/ 1.634 m/ 10:35 h
Alevín homes/ 99-00/ 1.634 m/ 10:45 h
Alevín mulleres/ 99-00/ 1.284 m/ 10:55 h
Benxamín mulleres/ 01-02/ 730 m/ 11:05 h
Benxamín homes/ 01-02/ 730 m/ 11:15 h
Prebenxamín mulleres/ 03-04/ 400 m/ 12:15 h
Prebenxamín homes/ 03-04/ 400 m/ 12:20 h
Pitufos mulleres/ 05-06-07/ 150 m/ 12:25 h
Pitufos homes/ 05-06-07/ 150 m/ 12:30 h
XXI Carreira Popular de Ferreirúa
O domingo, 9 de maio a partir das 10:45 h en Ferreirúa, A Pobra de Brollón (Lugo)
Distancias
Ata 4 anos/ 70 m
5-6 anos e 7-9 anos/ 600 m
10-12 anos/ 1.900 m
Retirada de dorsais o domingo día 9, de 8:30 a 10:30 h, na Pista Polideportiva.
1 comentario:
Ola de novo , por certo quero felicitar os rapaces que foron a correr o sábado o Pino , grazas a eles este Club é grande.
Forzas rapaces tedes o meu apoio , sabedes que teño pasión polos rapaces e polo deporte.
Xosé Luis Ramos.
Socio nº "non o sei"
Publicar un comentario