O sábado, 15 de maio ás 16:00 h. Inscricións ata o 13 de maio ás 13:30 h. A saída e meta serán na Praza da Constitución. Os dorsais e os chips entregaranse o día da proba na Praza da Constitución dende as 14:30 ata as 15:30 h.
Horario, categorías e distancias
16:00 h/Categoría +5/2001-2005/450 m
16:00 h/Categoría +10/2000-1998/850 m
16:00 h/Categoría +13/1994-1997/1.600 m
Trofeo para os 3 primeiros/as de cada categoría.
III Carreira Pedestre Popular Río Mao, Bóveda (Lugo)
O domingo, 16 de maio ás 10:30 h na Área Recreativa Muiño do Xil en Bóveda (Lugo). A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da proba no lugar da saída ata 30 minutos antes do inicio da competición.
Horario, categorías e distancias
11:35 h/PITUFOS/2005 e posteriores/80 m
11:45 h/PREBENXAMIN/2004-2003/200 m
12:00 h/BENXAMIN/2002-2001/400 m
10:45 h/ALEVIN/2000-1999/1.300 m
10:45 h/INFANTIL/1998-1997/1.300 m
11:05 h/CADETE/1996-1995/2.800 m
Entregarase un trofeo conmemorativo o primeiro/a clasificado/a en cada categoría. Os participantes en categorías inferiores recibirán unha gorra. O finalizar a proba aqueles atletas e acompañantes que o desexen poderán disfrutar dunha pancetada.
III Carreira Pedestre de Outes
O luns, 17 de maio, a partir das 10:30 h. A saída será na praza de Galicia, agás a dos máis pequenos (300 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.
Inscrición ata o xoves 13 de maio ás 14:00 h. Limite de inscricións: 500 participantes.
Horario, categorías e distancias masculinas
10:30 h/PITUFOS/2005 e posteriores/300 m
10:35 h/CATEGORÍA A/2004-2002/300m
10:40 h/CATEGORÍA B/2001-1998/1.000 m
10:55 h/CATEGORÍA C/1997-1994/3.000m
Horario, categorías e distancias femininas
10:30 h/PITUFAS/2005 e posteriores/300m
10:35 h/CATEGORÍA A/2004 e 2002/300m
10:40 h/CATEGORÍA B/ 2001-1998/1.000m
10:55 h/CATEGORÍA C/1997-1993/3.000m
Para a recollida de chips (só as categorías de 1 e 3 Km) deberase deixar un aval, que neste caso será algún documento identificativo propio ou o dun familiar (DNI, carnet de conducir, de moto). Os documentos serán recuperados unha vez se devolva o chip ao rematar a carreira. Poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar.
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías. A entrega de trofeos está prevista para as 13:00 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.
VII Carreira Popular Virxe da Guía
O luns, 17 de maio, a partir das 10:45 h. Saída e chegada na Capela da Guía de Carreira (Sta. Uxía de Ribeira).
Inscrición ata o 13 de maio, ás 20:00 h. Recollida de dorsais o día da proba no lugar de saída ata 15 minutos antes do inicio de cada proba.
Horarios, categorías e distancias
11:15h/PITUFOS/3-5 anos/75 m
11:00h/BENXAMÍNS/6-8 anos/600 m
10:45h/INFANTÍS/9-12 anos/1.500 m
Premios: nas categorías pituf@s, benxamins/as e infantiles, todos recibirán medallas conmemorativas e camisetas (non haberá trofeos nin clasificacións). Ao rematar as probas na entrega de trofeos, sortearase unha bicicleta).
No hay comentarios:
Publicar un comentario