martes, 4 de mayo de 2010

9 de maio carreira en Ourense (O Couto)


A III Carreira Popular Festas de O Couto (Ourense) celebrarase o próximo domingo, 9 de maio, a partir das 11:30 h.

Categorías, distancias e horarios
Cativos/ nados a partir do 2004/ 250 m/13:00 h
Benxamín/ 2001, 2002 e 2003/ 1.500 m/11:30 h
Alevín/ 99-00/ 1.500 m/11:30 h
Infantil/ 97-98/ 3.000 m/11:50 h
Cadete/ 95-96/ 3.000 m/11:50 h

Admitiranse inscricións ata as 20:00 h. do venres 7 de maio e na Secretaría de Competición cun plazo límite de media hora antes do inicio da proba. Os atletas poderán retirar os dorsais na secretaría de Competición (na zona de saida-meta) o día da proba dende as 10:00 h.

Haberá premios para o 1º clasificado de cada categoría (en mulleres e homes). Na categoría cativos tódolos participantes que cheguen a meta levarán unha medalla conmemorativa e un agasallo da organización pola súa participación.

No hay comentarios: