Ante a avalancha de inscritas a última hora a organización da Carreira da Muller viuse obrigada a ampliar o prazo de inscrición ata o sábado. O número de participantes xa supera as 2.500 e a previsión é de 3.000. En ningunha das primeiras edicións celebradas se conseguiu semellante participación. Mamás de MillaRaio aínda estades a tempo! (e os papás tamén podedes correr).
A Carreira da Muller celebrarase o próximo domingo 23, a partir das 10 da mañá. A saída será no Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, onde seguirá a festa cunha actuación de David de María e un festival de aeróbic. A presentadora Anne Igartiburu é a embaixadora do circuíto 2010 e a actriz galega María Castro a imaxe da iniciativa en Compostela. Tamén estarán na saída do Monte do Gozo, a fondista olímpica lucense María Abel, e a ex-ximnasta ourensá Marta Bobo.
Recollida de dorsais os días 21 e 22 no andar de deportes do Corte Inglés.
O domingo haberá unha liña especial de autobuses dende as 8:00 h que levará ás participantes ata o Monte do Gozo. Sairán da Praza de Galicia cada 10 minutos, co seguinte percorrido: Praza de Galicia, Ensinanza, Virxe da Cerca, san Roque, Pastoriza, San Caetano, rúa de Berlín, rúa de Lisboa, rúa de Londres, avda. Gonzalo Torrente Ballester, rúa das Estrelas e Monte do Gozo.
Máis información en El Correo Gallego e na web oficial da carreira.
2 comentarios:
Un grupiño de 5 mamás de MillaRaio (que eu saiba) participaremos o domingo na carreira da muller. Si alguén máis relacionado co club se apuntou para esta proba e desexa quedar para facer xuntas a saída ou o percorrido enteiro e aparecer na foto oficial das “mamás de MillaRaio na carreira da muller” que se poña en contacto por correo electrónico, a través do blog ou o sábado no adestramento. VÉMONOS...
Ángeles
A foto oficial das corredoras de MillaRaio na carreira da muller será ás 9:30 h no lugar da recollida de chips.
Ángeles
Publicar un comentario