Despois de 1ª carreira en pista moitos atletas de MillaRaio xa se enfrontaron a un segundo desafío, as probas combinadas. Aínda que fora só para probar e coñecer eso que non se sabía moi ben de que ía. Douvos unha pincelada.
As probas combinadas do atletismo son un conxunto de probas de diferentes características que buscan atopar ao atleta máis completo sumando todas as facetas do atletismo (carreiras de velocidade, resistencia, saltos, lanzamentos, valados…) Nas categorías absolutas as probas oficiais do programa olímpico son 10 para os homes (decathlon) e 7 para as mulleres (heptathlon).
No caso dos máis peques, cada categoría ten as súas probas acorde coa idade dos participantes. Os benxamíns e alevíns compiten en 3 probas: velocidade, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Os infantís en 4 probas: velocidade, valados, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Igualmente que nas competicións dos maiores, o resultado de cada unha das probas, que se obtén en segundos ou metros, é convertido en puntos nunha táboa. A suma dos puntos de todas as probas dá a clasificación final da competición. Polo tanto aínda que non gañes ningunha das probas, podes gañar a competición sendo regular en todas.
Para comprender mellor podedes ver os resultados da competición na que participamos. Ao final están as clasificacións coa suma de puntos de todos aqueles que fixeron as 3 probas. Para mín os resultados están moi ben, tendo en conta que era a primeira toma de contacto con probas técnicas. E para as próximas seguro que melloramos as marcas!
Juan Pablo Fernández (Director deportivo MillaRaio)
Resultados
Triatlón alevín masculino
Alex Bertucci Lorenzo (386 puntos)
Iago Fuentes García (320 puntos)
Triatlón alevín feminino
Alba López Portabales (416 puntos)
Triatlón benxamín feminino
Xela Cascallar Mayo (113 puntos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario