Ofrecemos unha breve explicación sobre as carreiras de orientación xa que o próximo sábado os/as atletas de MillaRaio, coa axuda de papás e mamás, participarán por primeira vez nunha actividade destas características.
Unha carreira de orientación é unha competición individual, campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible, pasando por puntos determinados no terreo ou balizas e coa axuda dun mapa e un compás.
Os participantes usan un mapa especial para situarse no terreo e percorrer na orde indicada os diferentes puntos de control ou balizas que se atopan marcados no mapa.
Os mapas que se empregan nas carreiras de orientación están a escala 1:10.000 ou 1:15.000 (1 cm equivale a 100 metros ou a 150 metros) e recollen as características do terreo, rocas, árbores, vexetación, ríos, camiños…
No mapa, a saída está sinalada cun triángulo, os puntos de control márcanse con círculos unidos por liñas e numerados na orde que deben ser visitados e a chegada con dous círculos concéntricos.
Os diferentes puntos de control ou balizas son secretos e os corredores non os coñecen antes de comenzar a carreira. Os corredores saen en intervalos de tempo e cada un toma a súa propia ruta.
Para verificar a visita a todos os puntos cada participante usa unha folla de control cos seus datos. Este control faise marcando a folla cunha pinza perforadora atada a cada baliza ou apuntando o código (letra ou número) que se atopa en cada punto.
O símbolo internacional de orientación. Emprégase para designar os controis ou balizas nas carreiras deste tipo.
O símbolo internacional de orientación. Emprégase para designar os controis ou balizas nas carreiras deste tipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario