sábado, 22 de mayo de 2010

MillaRaio celebrará unha carreira de orientación o próximo sábado 29 de maio


Grazas á colaboración dos alumnos do CMAFD do IES de Silleda, MillaRaio celebrará una carreira de orientación exclusiva para os socios/as.

A cita é ás 10 h no pavillón multiusos de Milladoiro para preparar os equipos; sobre as 12 h comezará a proba na zona de Galdrachán. É necesario levar lapis, papel e regra. Os papás e mamás poden axudar aos nenos/as, de xeito que a actividade será gratificante para pequenos e grandes. Daremos información máis detallada da actividade nos próximos días.

O sábado rematará cun xantar para os socios/as na finca do presidente do club.

No hay comentarios: