Paula Campanero Gutiérrez, campeona galega de salto con pértega e actual récord galego (4.05 metros), adestrará o próximo sábado 15 de maio aos nenos/as do club.
Paula, que é licenciada en Educación Física, impartirá unha clase dentro do bloque de técnica e desenvolvemento de saltos que está levando a cabo este bimestre Juan Pablo Fernández.
Juan Pablo non asistirá ao adestramento xa que o 15 de maio participará no Campionato de España de Clubes en Nerja (Málaga). Dende aquí desexámoslle moita sorte e tamén para o seu club a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario