martes, 29 de noviembre de 2011

Carreira popular de Vedra.

Noraboa a tódolos atletas do clube Millaraio pola vosa participación na carreira de Vedra que se celebrou o domingo 27 de novembro pola mañán. Nesta carreira participaron un total de 56 rapaces e rapazas de Millaraio que sumarán puntos do clube.
Destacar especialmente ós atletas que conseguiron subir ó podio, e que son os seguintes:

Categoria prebenxamín masculino: Mario Vilar, segundo clasificado:


Categoría benxamin masculino: Daniel Mato, primeiro clasificado.
                                                Pablo Díaz, segundo clasificado.
                                                Antón Gómez, terceiro clasificado.




Categoría alevín femenina: Laura Cuesta, terceira clasificada.

Tamén temos que felicitar ó noso adestrador Juan Pablo, gañador na categoría absoluta.




finalmente deixamosvos o enlace para consultar as clasificacións da carreira.
clasificacións da carreira de Vedra

jueves, 24 de noviembre de 2011

Importante! Carreira de Vedra.

Deixamos unha información destacada no blog da Organización da carreira relativa as indicación de como chegar no local e alertando para o peche do tráfico as 10:30:

COMO CHEGAR

A VII CARREIRA POPULAR DE VEDRA ten lugar na Carballeira do Souto, situada na localidade de San Fins de Sales, no concello coruñés de Vedra.

Para chegar o lugar da proba é necesario tomar a Estrada N525 (Santiago - Ourense):

Vindo dende Santiago a aproximadamente 8 kilómetros chegarase á localidade A SUSANA, onde se verá un indicador a man dereita SAN FINS VEDRA, torcendo por esa estrada, a aproximadamente 800 metros está o lugar da proba. Vindo dende Ourense e necesario pasar a localidade LESTEDO, e a aproximadamente 3 kilómetros chegarase a localidade A SUSANA, ali torcer á esquerda dirección SAN FINS VEDRA, a 800 metros está o lugar da proba.

OLLO!!! IMPORTANTE TOMAR O CRUCE NA LOCALIDADE A SUSANA. Calquera outro indicador que se tome en dirección Vedra, afastaraos do lugar da proba.

A ESTRADA PRINCIPAL PECHARASE Ó TRÁFICO AS 10:30, POLO QUE É IMPORTANTE ESTAR ANTES DESA HORA.
Vémonos en Vedra Domingo!

lunes, 21 de noviembre de 2011

Millaraio na Televisión!

A Federación Galega de Aletismo produce periodicamente un programa de televisión onde recolle a actualidade do atletismo galego. Bautizado de "Citius, Altius, Fortius" a traves do mesmo procúrase de divulgar e difundir as noticias mais importantes que afectan o noso atletismo galego, complementandolo con outras seccións como reportaxes, Clubs, historia, concursos, entrevistas, etc...
No programa emitido no dia 29/10, aparece unha ampla reportaxe sobre a carreira de Ames onde se poden apreciar imaxes de moitos dos nosos atletas en varias das carreiras!
Os programas son emitidos por Localia Coruña, R Televisión e tamén na TVG2, en diferentes horarios nos fins de semana. Pero a federación ten unha web especial onde se poden ver todos os programas xa emitidos e aqui deixamos a ligazon:

http://www.atletismogalego.org/citius/


É moi importante esa iniciativa para dar a coñecer o atletismo e tamén os clubes, atletas e instituicións que traballan na súa promoción. O Clube Millaraio apoya e aproba a iniciativa que esperamos veña a mostrar nun futuro, os logros e conquistas dos nosos atletas nas diferentes probas do atletismo!

sábado, 19 de noviembre de 2011

Carreira de Vedra - 27/11




Como adiantáramos, a carreira de Vedra é unha das carreiras da tempada considerada "Carreira do Clube" o que significa que requisitamos a presenza de todos os nosos atletas e o clube encárgase de anotar a TODOS! Por outra banda a presenza tamén contabiliza "pontos Millaraio" para logo cambiar por material deportivo.

A Carreira será o proximo domingo dia 27/11 na localidade de San Fins de Vedra e podedes atopar toda a información de horarios, distancias, percorridos, etc, na seguinte ligazon:

http://olimpicodevedra.blogspot.com/

É unha proba de preparación onde cada un debe facer o seu mellor, pero sabendo que o mais importante é participar deste importante día que vai supoñer mais un recorde de participación para o noso clube unha vez que xa somos casi 80 atletas!

Aproveitamos para dar algunhas orientacións respecto o equipaxe e a forma adecuada de lucir as cores do clube:

- Camiste azul con mangas - É considerada unha camiseta de adestramento/quecemento. Deve ser empregada nos adestramebtos do clube e tamén no quecemento para a competicións. En casos extremos, na falta da camiseta de tiras, se empregará para competir como último recurso para levar o nome do clube.

- Camiseta blanca de tiras - É a CAMISTA OFICIAL DE COMPETICIÓN. Nos dias de frio, pódese levar unha camista por baixo, pero sempre, en competición, a prenda que queda a vista deve ser a camista blanca. O dorsal debe colocarse de maneira a non tapar o nome do clube e dos patrocinadores.

- Chandal do clube - É a prenda a utilizarse sempre nos quecementos e no inverno, só debe ser retirado nos momentos previos a saída das provas. É un acto de respecto ao clube e aos patrocinadores levar SEMPRE  o chandal posto nas entregas de premios e actos protocolarios.

- Parte inferior equipación de competir -  Ao non dispoñer de unha equipación estandar, a recomendación é levar unha prenda de cor negra ou azul escura que pode ser un pantalón corto, mayas cortas ou largas, pero debe evitarse competir con o pantalón de chandal pois impide a fluidez dos movimentos e é oi incimodo no caso das carreiras de larga distancia.

Aquele atltas que ainda non dispoñan de material deben entran en contacto con a directiva para facer o pedido.

Un saúdo!

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Calendario das próximas semanas.

 Tedes a vosa disposición na parte dereita do blog o CALENDARIO completo das actividades de Millaraio programadas para as vindeiras semanas co fin de que poidades organizar as vosas rutinas para mellor aproveitar a axenda deportiva que ofrece o Clube.

A actividade de lanzamentos se realizará finalmente no sábado día 26/11 para tentar facer posible a presenza de Gusctavo Dacal, grande lanzador de xavalina e múltiple campeón de España na disciplina (10 veces), que estivo chega esta semana de Mexico, onde estivo facendo traballos técnicos e acompañando os Xogos Panamericanos. Victor Galego confirmou súa presenza e vai concluir o traballo de tecnicas de lanzamento de peso para o grupo de atletas que non participarón na súa primeira intervención hai un par de semana. Enquanto os que si o fixerón (Infantiles, Cadetes e Xuveniles), probarán coa xavalina as ordens de Gustavo Dacal.




A iniciativa do clube ten por finalidade achegar grandes deportistas da nosa comunidade para demostracións e clases especificas en probas nas que logo van a competir nosos atletas. Os adestradores do clube tamén aproveitan as oportunidades para aprender técnicas e intercambiar experiencas con atletas que tamén teñen experiencia como adestradores na formación deportiva.

Por último adiantar que a Carrira de Vedra (27/11) é considerada Carreira do Clube, sendo moi importante a presencia de todos os nosos atletas! Con distancias axeitadas a cada categoria, é unha das carreiras clasicas para Millaraio e servirá como preparación para o campeonato escolar de Cros que ten xa data definida para o dia 17 de decembro.


Em breve mais información detallada relativa a cada unha das actividades e competicións aqui no blog do MILLARAIO!

viernes, 11 de noviembre de 2011

NOVA LISTAXE DE EMPRESAS SOCIOS COLABORADORES


MACIA
 SALVACOM
LUZETE
ANTIQUA; NOGUEIRA, GONZÁLEZ Y SÁNCHEZ-BRUNETE, ABOGADOS; GRUPO JABE INGENIERIA; V. AUTO; BAR POLÍGONO;

CAFETERIA CENTRAL;
CLUB SQUASH SANTIAGO

BAR JOY; AUTO VIDRIO PLUS; MAYZU; BABIA;  ANIMAL CENTER; FOGAR DE SEIDON; CAFETERIA LA ROTONDA E RESTAURANTE SQUASH; VIAJES VILORIA; BERNARDO NOGUEIRA PELUQUERIA MUJER HOMBRE ; COMPOSTELA MOTOR; MARUXIA KIOSKO E LIBRERÍA PAPELERIA O TINTEIRO
VALIÑO
VAGALUME; PANADERÍA SAN JOSÉ;
 NOA
OPTICA VINTE; CALVIÑO; CAFELITO

NOTICIAS BREVES

Hola soci@s, de seguido unas breves notas sobre diversos temas do clube:

1- Os atletas que entraron nas últimas semans de non teñan uns folios informativos, ca memoria deportiva,carta de presentación, etc deberano pedir a alguen da directiva.

2- Recordamoslle os socios de que teñen a sua disposicion carnetes de socios para eles ou para persoas que coñezan e queiran selo.
CARNETS 5€                                            CARNETES 10€
Ademais o colaborar a facer socios dalle puntos os atletas para cambiar por material deportivo.Preguntar por Frai o grupo de maiores e a David por o grupo de pequenos.

3- Tema da lotería:

O último día para pedir lotería será o sábado 19 de novembro. Para devolver a lotería que non se vendeu o plazo acaba o 3 de decembro , e para traer os cartos da lotería que si se vendeu o último día será o 10 de decembro.


jueves, 3 de noviembre de 2011

Próximo Sábado dia 5/11- Todos na pista!

Unha vez mais chegou a hora dos nosos pequenos de aproveitar un dia de adestramento nas pistas de atletismo! Como todos os meses, damos a oportunidade aos Benxamíns e Prebenxamíns, que normalmente teñen sua base no colexio de Ventin, de motivarse adestrando e provando nas instalacións das Pistas de Atletismo da Universidade.

Como ese ano somos moitos (mais de 70!) e non caberíamos todos ao mesmo tempo, a directiva entendeu que era necesario alugar unha hora mais de pista para que as actividades poidan facerse de maneira axeitada e con calidade, ainda que o tempo non acompañe e teñan que utilizarse espacios cobertos.

Polo tanto, os adestramentos deste sábado realizaránse nas Pistas de Atletismos do Estadio da U.S.C. en todalas categorías e cos siguientes horarios.

             de 11 a 12:30 os Alevins, Infantís, Cadetes e Xuvenis

             de 12:30 a 13:30 os Benxamins e Pre-benxamins.

Recordar tamén que às 12:30, xusto entre un e outro adestramento, faremos a foto da tempada nas gradas do estádio. É necesario levar o chandal e/ou a camiseta azul de quecemento.

En uns días faremos chegar o calendario completo dos próximos meses para que poidades ter en conta os días e horarios a hora de facer as programacións familiares.

Un saúdo!