A Carreira será o proximo domingo dia 27/11 na localidade de San Fins de Vedra e podedes atopar toda a información de horarios, distancias, percorridos, etc, na seguinte ligazon:
http://olimpicodevedra.blogspot.com/
É unha proba de preparación onde cada un debe facer o seu mellor, pero sabendo que o mais importante é participar deste importante día que vai supoñer mais un recorde de participación para o noso clube unha vez que xa somos casi 80 atletas!
Aproveitamos para dar algunhas orientacións respecto o equipaxe e a forma adecuada de lucir as cores do clube:
- Camiste azul con mangas - É considerada unha camiseta de adestramento/quecemento. Deve ser empregada nos adestramebtos do clube e tamén no quecemento para a competicións. En casos extremos, na falta da camiseta de tiras, se empregará para competir como último recurso para levar o nome do clube.
- Camiseta blanca de tiras - É a CAMISTA OFICIAL DE COMPETICIÓN. Nos dias de frio, pódese levar unha camista por baixo, pero sempre, en competición, a prenda que queda a vista deve ser a camista blanca. O dorsal debe colocarse de maneira a non tapar o nome do clube e dos patrocinadores.
- Chandal do clube - É a prenda a utilizarse sempre nos quecementos e no inverno, só debe ser retirado nos momentos previos a saída das provas. É un acto de respecto ao clube e aos patrocinadores levar SEMPRE o chandal posto nas entregas de premios e actos protocolarios.
- Parte inferior equipación de competir - Ao non dispoñer de unha equipación estandar, a recomendación é levar unha prenda de cor negra ou azul escura que pode ser un pantalón corto, mayas cortas ou largas, pero debe evitarse competir con o pantalón de chandal pois impide a fluidez dos movimentos e é oi incimodo no caso das carreiras de larga distancia.
Aquele atltas que ainda non dispoñan de material deben entran en contacto con a directiva para facer o pedido.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario