Unha vez mais chegou a hora dos nosos pequenos de aproveitar un dia de adestramento nas pistas de atletismo! Como todos os meses, damos a oportunidade aos Benxamíns e Prebenxamíns, que normalmente teñen sua base no colexio de Ventin, de motivarse adestrando e provando nas instalacións das Pistas de Atletismo da Universidade.
Como ese ano somos moitos (mais de 70!) e non caberíamos todos ao mesmo tempo, a directiva entendeu que era necesario alugar unha hora mais de pista para que as actividades poidan facerse de maneira axeitada e con calidade, ainda que o tempo non acompañe e teñan que utilizarse espacios cobertos.
Polo tanto, os adestramentos deste sábado realizaránse nas Pistas de Atletismos do Estadio da U.S.C. en todalas categorías e cos siguientes horarios.
de 11 a 12:30 os Alevins, Infantís, Cadetes e Xuvenis
de 12:30 a 13:30 os Benxamins e Pre-benxamins.
Recordar tamén que às 12:30, xusto entre un e outro adestramento, faremos a foto da tempada nas gradas do estádio. É necesario levar o chandal e/ou a camiseta azul de quecemento.
En uns días faremos chegar o calendario completo dos próximos meses para que poidades ter en conta os días e horarios a hora de facer as programacións familiares.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario