Tedes a vosa disposición na parte dereita do blog o CALENDARIO completo das actividades de Millaraio programadas para as vindeiras semanas co fin de que poidades organizar as vosas rutinas para mellor aproveitar a axenda deportiva que ofrece o Clube.
A actividade de lanzamentos se realizará finalmente no sábado día 26/11 para tentar facer posible a presenza de Gusctavo Dacal, grande lanzador de xavalina e múltiple campeón de España na disciplina (10 veces), que estivo chega esta semana de Mexico, onde estivo facendo traballos técnicos e acompañando os Xogos Panamericanos. Victor Galego confirmou súa presenza e vai concluir o traballo de tecnicas de lanzamento de peso para o grupo de atletas que non participarón na súa primeira intervención hai un par de semana. Enquanto os que si o fixerón (Infantiles, Cadetes e Xuveniles), probarán coa xavalina as ordens de Gustavo Dacal.
A iniciativa do clube ten por finalidade achegar grandes deportistas da nosa comunidade para demostracións e clases especificas en probas nas que logo van a competir nosos atletas. Os adestradores do clube tamén aproveitan as oportunidades para aprender técnicas e intercambiar experiencas con atletas que tamén teñen experiencia como adestradores na formación deportiva.
Por último adiantar que a Carrira de Vedra (27/11) é considerada Carreira do Clube, sendo moi importante a presencia de todos os nosos atletas! Con distancias axeitadas a cada categoria, é unha das carreiras clasicas para Millaraio e servirá como preparación para o campeonato escolar de Cros que ten xa data definida para o dia 17 de decembro.
Em breve mais información detallada relativa a cada unha das actividades e competicións aqui no blog do MILLARAIO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario