lunes, 21 de noviembre de 2011

Millaraio na Televisión!

A Federación Galega de Aletismo produce periodicamente un programa de televisión onde recolle a actualidade do atletismo galego. Bautizado de "Citius, Altius, Fortius" a traves do mesmo procúrase de divulgar e difundir as noticias mais importantes que afectan o noso atletismo galego, complementandolo con outras seccións como reportaxes, Clubs, historia, concursos, entrevistas, etc...
No programa emitido no dia 29/10, aparece unha ampla reportaxe sobre a carreira de Ames onde se poden apreciar imaxes de moitos dos nosos atletas en varias das carreiras!
Os programas son emitidos por Localia Coruña, R Televisión e tamén na TVG2, en diferentes horarios nos fins de semana. Pero a federación ten unha web especial onde se poden ver todos os programas xa emitidos e aqui deixamos a ligazon:

http://www.atletismogalego.org/citius/


É moi importante esa iniciativa para dar a coñecer o atletismo e tamén os clubes, atletas e instituicións que traballan na súa promoción. O Clube Millaraio apoya e aproba a iniciativa que esperamos veña a mostrar nun futuro, os logros e conquistas dos nosos atletas nas diferentes probas do atletismo!

No hay comentarios: