sábado, 17 de octubre de 2009

MillaRaio xa está na web





O club de atletismo infantil MillaRaio vota a andar este blog informativo. Non queremos comezar sen contar as nosas orixes, aínda que somos moi novos e a nosa historia moi corta.

MillaRaio naceu fai menos dun ano da man de Adriana Mariño Miguel Buela, actual presidente, coa ilusión de crear un club de atletismo infantil no Milladoiro, no que nenos e nenas de corta idade se forman no deporte e no atletismo ao tempo que xogan. Malia levar tan pouco tempo funcionando o club xa conta con case 40 socios.

Dende entón moitos colaboraron e colaboran traballando cos nenos, solicitando axudas económicas a diferentes organismos, buscando patrocinadores para a equipación dos atletas ou en labores administrativas. Parabéns a todos polo seu esforzo desinteresado, así como aos novos e novas atletas de MillaRaio que cada día se esforzan por mellorar e disfrutar con este deporte.

Grazas tamén ao concello de Ames por ceder o pavillón para os adestramentos e aos nosos patrocinadores máis importantes, sen eles a equipación dos nenos non sería posible: Viajes Canoa, Clínica Dental Macía e O Curruncho Deportivo.

As vosas suxerencias, opinións e críticas serán ben aceptadas e axudarán a dinamizar e mellorar este blog que é o sitio de todos nos.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola comentar que a laboura dos creadores do "blog" foi moi boa, dar animo e forza os atletas e animar os socios que segan dando as suas opinions co animo segir mellorando. Milla-Raio, Ei, ei,ei

Susana dijo...

Quero dar a miña benvida a MillaRaio a internet. Parabéns ao club e aos editores do blog.

Millaraio dijo...

Grazas polos vosos comentarios. Seguiremos traballando duro no blog e trataremos de mellorar coas vosas suxerencias

Anónimo dijo...

Si tanto decimos que correr es algo lúdico y para divertirse que alguien me explique porque nos presentamos para mejor club de Ames y para mejor atleta.

Anónimo dijo...

Será porque a función principal de un club de niños é aumentar a base de practicantes, aproximar os rapaces das actividades deportivas e ó mesmo tempo facer con que aprendan e desenvolvan as suas capacidades técnicas e físicas. O millaraio cumple os requisitos básicos e por eso se presenta e casi gaña!
Se ainda por riba temos algun atleta que destaque, pois, por que non presentalo?

Ainda non quedou claro que a competición é parte e non un fin ó que se debe perseguir como meta principal...