lunes, 9 de noviembre de 2009

Bos resultados dos atletas de MillaRaio en Bueu e Negreira

Dous atletas de MillaRaio acudiron á carreira de Bueu a pasada fin de semana e os dous conseguiron subir ao podio. Mario Vilar Veiga, de 4 anos, competiu na categoría de "biberóns" na que acadou o 2º posto. Sunny Seijas Portas, de 6 anos, acadou tamén o 2º posto na categoría de "minibenxamíns".

Na carreira de Negreira participaron 5 nenos e 1 nena, todos na categoría de "benxamín-alevín". Correron 1 km e ningún conseguiu trofeo, pero todos quedaron ben clasificados. Dun total de 113 participantes os corredores do club acadaron os postos 14 (Leo Guazzone), 16 (Jacobo Nogueira), 23 (Alba López Portabales), 34 (Pablo Nogueira) e 37 (Antón Nogueira). Alba acadou o posto 23 na xeral pero foi a 4ª nena que entrou en meta. A clasificación xeral pódese consultar neste enlace

Parabéns a todos os nenos e nenas do MillaRaio pola súa ilusión e esforzo. Supéranse cada día.

No hay comentarios: