MillaRaio publica neste blog as clasificacións dos socios e socias do Club nalgunhas das carreiras que participan. As clasificacións publicadas están recollidas da páxina principal ou do foro de correr en Galicia. En ningún caso a dirección de MillaRaio ou quen esto escribe fai un seguimento persoal e individualizado de cada un dos 40 socios ou da súa clasificación particular. Tampouco se publica a clasificación dun único neno ou nena senón dispoñemos dos datos de todos ou da maioría dos participantes, xa que non resultaría equitativo.
Non lle dou ás clasificacións excesiva importancia pero a queixa recente dun pai faime dubidar de si debemos ou non publicalas no blog, razón pola que propoño a enquisa que aparece na columna da dereita. A miña opinión persoal é que non deberían publicarse ou ben facelo de xeito que se lles reste importancia. Cando participamos nunha carreira popular non só facemos que os nenos e nenas practiquen deporte, tamén transmitimos valores e os educamos para o futuro. Pero ¿que valores queremos transmitir?
Ahí van varias preguntas:
¿Importa máis o aspecto lúdico deportivo da carreira ou competir?
¿Engadimos presión nos nenos e nenas coa clasificación das carreiras?
¿Premiamos a clasificación ou o esforzo individual e a superación persoal de cada neno/a?
¿Que logro é maior: correr con 6 anos 500 metros e chegar nos primeiros postos ou correr a mesma distancia con 3 anos e chegar último, pero sen abandonar?
Se eu non corro nin 500 nin 2.000 metros ¿ao meu neno/a suponlle menos esforzo que a mín facelo?
¿Non é mérito suficiente correr, ás veces distancias moi longas para a idade dos nenos/as?
¿Escoitamos a súa opinión? ¿Non volcamos as nosas aspiracións frustradas neles?
¿Reclamamos a clasificación igual se o noso fillo/a chega nos primeiros ou nos últimos postos?
¿Non é igual de importante aprender a perder que a gañar?
Opina, propón novas preguntas e participa na enquisa. Grazas anticipadas pola túa colaboración.
Relacionado con este tema o blog de temática infantil peques y más publicou estes días o post “ser el 1º: la competitividad”.
2 comentarios:
Creo que non ten cor a enquisa , polo tanto a seguir traballando tan ben como se viña a facer as cousas ata agora.
Un saúdo.
Aplastante victoria do SI, está claro que continuaremos publicando as clasificacións sempre que as proporcionen as organizacións das diferentes carreiras.
Agardo que esta enquisa servise, polo menos, para que perdades o medo a opinar e dicir o que vos pareza, para felicitar, dar o pésame, criticar, suxerir novos temas a tratar no blog etc. etc.
¡POR FÍN ESCRIBIDES! facendo desta páxina o lugar de encontro de todos os socios de MillaRaio.
Publicar un comentario