MillaRaio presentou a súa candidatura para os premios da IV Gala do Deporte 2009 que celebrará o concello de Ames o próximo sábado, 21 de novembro, a partir das 20.00 h. na Casa de Cultura do Milladoiro.
Para a categoría de Mellor Club presentáronse 7 candidaturas, quedando gañador o Bugallido F. C. (5 votos), en 2º lugar quedou MillaRaio (4 votos).
MillaRaio tamén presentou a Alba López Portabales, de 8 anos de idade, como candidata a mellor promesa feminina de Ames (deportista menor de 18 anos), que quedou 2ª na votación (5 votos). A gañadora desta categoría foi a regatista Irene Mirás, de 12 anos de idade e campiona galega de K2 dende o ano pasado (7 votos). Sen dúbida un gran logro para Alba que con tan poucos anos xa figura entre as mellores promesas do concello.
Para a categoría a mellor promesa masculina de Ames (deportista menor de 18 anos) MillaRaio propuxo a Leonardo Giovanni Guazzone Mariño, de 8 anos de idade. O galardón foi para Cristian González Méndez, tenista de 17 anos e subcampión do Máster Galego de Tenis 2009.
As candidaturas presentadas votáronse o pasado 2 de novembro no Pazo da Peregrina. O xurado foi o mesmo para todos os premios e nel estaban representados todos os clubes inscritos no rexistro oficial de entidades deportivas do concello.
Para MillaRaio é todo un logro e gran honra que, con menos dun ano de existencia, se nos teña en tan alta consideración. Os nosos novísimos atletas, grazas ao seu esforzo, xa comezan a colleitar triunfos no ámbito deportivo.
Máis información na páxina do concello de Ames.
No hay comentarios:
Publicar un comentario