O próximo sábado, 14 de novembro, celébrase no Parque de Eugenio Granell (xunto ao Hipercor) o II trofeo de atletismo campo a través "cidade de Santiago". A competición está organizada, a petición do concello de Santiago, pola Federación Galega de Atletismo a través da delegación territorial de Santiago.
As categorías da competición, distancias e horarios son:
Prebenxamín mixto (2003 e posterior): corren 300 m. ás 10.45 h.
Benxamín mixto (2002 e 2001): corren 800 m. ás 11.00 h.
Alevín feminino (2000 e 1999): corren 1.200 m. ás 11.15 h.
Alevín masculino (2000 e 1999): corren 1.900 m. ás 11.30 h.
Infantil feminino (1998 e 1997): corren 1.900 m. ás 11.45 h.
Infantil masculino (1998 e 1997): corren 2.900 m. ás 12.00 h.
Cadete feminino (1996, 95 e 94): corren 2.200 m. ás 12.20 h.
Cadete masculino (1996, 95 e 94): corren 3.500 m. ás 12.45 h.
A clasificación poderá ser individual ou por equipos, agás os prebenxamíns que non participarán por equipos. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados individuais por categoría e sexo e tamén para o equipo gañador en cada categoría e sexo, agás os equipos benxamíns que serán mixtos. Haberá medallas para todos os participantes e os prebenxamíns non recibirán trofeo.
A competición contará cunha segunda xornada que se celebrará o 12 de decembro.
Por proximidade xeográfica e porque o evento está pensado para a promoción do deporte de base e para fomentar os valores do atletismo entre os máis novos o club considera esta cita como ineludible, razón pola que todos os socios de MillaRaio están inscritos nesta proba. Para que todos os atletas podan acudir libremente a esta cita o adestramento do próximo sábado queda suspendido.
Vémonos o sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario