martes, 1 de diciembre de 2009

O 12 de decembro corremos en Santiago, despois xantar de Nadal en Vedra

O próximo 12 de decembro os socios e socias de MillaRaio teñen dúas citas ineludibles.

A segunda volta do II trofeo de atletismo campo a través "cidade de Santiago" no parque Eugenio Granell a partir das 10.30 horas. Lembramos que as categorías da competición e distancias son:
Prebenxamín mixto (2003 e posterior): 300 m.
Benxamín mixto (2002 e 2001): 800 m.
Alevín feminino (2000 e 1999): 1.200 m.
Alevín masculino (2000 e 1999): 1.900 m.
Infantil feminino (1998 e 1997): 1.900 m.
Infantil masculino (1998 e 1997): 2.900 m.
Cadete feminino (1996, 95 e 94): 2.200 m.
Cadete masculino (1996, 95 e 94): 3.500 m.


O xantar de Nadal será no restaurante parrillada ALDEA GRANDE, en Sta. Cruz de Rivadulla-Vedra, no km. 17 da estrada Santiago-Ourense.
O menú ten un prezo de 12 euros para os nenos e 20 euros para os adultos.
Os nenos/as poderán tomar pizza caseira, churrasco de porco e tenreira ou polo.
Os adultos: 1/2 ración de polbo, empanada de zamburiñas, langostinos á prancha e churrasco mixto ou polo.
Para o postre poderase escoller entre varios tipos de torta e xeados.
O restaurante conta cunha carpa, en caso de mal tempo, para que os nenos/as podan xogar. Tamén haberá coches de pedais, motos, bicis, campo de baloncesto e fútbol para que pequenos e maiores pasemos unha tarde agradable. Ampla zona verde e contacto coa natureza e con animais son outras diversións do lugar.
Prégase confirmar asistencia o antes posible. Eu non dubidaría xa que o plan para todo o día parece perfecto. Neste enlace verás o restaurante.

1 comentario:

Xosé Luís Ramos dijo...

Boas como socio e nai do meu fillo estou encantada coa laboura feita pola directiva do clube MillaRaio, pola sua laboura cos rapaces, sempre pensando neles , en facer grupo, en definitiva daros forzas para seguir así.
Alá estaremos.