Hoxe celébrase a II San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda. A saída será ás 21:00 h. dende a Porta dos Leóns no Paseo da Ferradura da Alameda Compostelana.
O CARSantiago é quen organiza este evento deportivo-festivo.
Os atletas non participarán con dorsais tal e como ven sendo habitual neste tipo de eventos lúdicos-festivos-competitivos. Non se vai utilizar CHIP nin ningún outro sistema de cronometraxe.
O percorrido será dar tres voltas o infinito (modificado) da Alameda. Distancia aproximada 5.852’32 metros. Os atletas menores de 14 anos darán só duas voltas ao circuíto, e non poderán optar aos premios.
Recoméndase estar media hora antes para facer un quencemento ensinando o percorrido a quén non o sepa.
Rematada a proba farase a entrega de premios. Os premios non son acumulativos.
XXVI San Silvestre de Pontevedra
O 31 de decembro ás 17:00 h na Praza da Peregrina. A distancia a percorrer será de 4-5 kilómetros.
Organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra a inscrición na súa páxina web. Ata 15 minutos antes do comenzo da competición, poderase recoller o dorsal ou inscribirse na carreira.
Trofeo aos 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres. Lacón ao 1º clasificado home e muller. Agasallos a todos os participantes.
A derradeira do ano en Allariz
O 31 de decembro ás 17:00 h na Praza Maior de Allariz. Organizada polo Concello de Allariz. A inscrición na piscina municipal ou no 988 44 20 83.
No hay comentarios:
Publicar un comentario