jueves, 3 de diciembre de 2009

O 8 de decembro celebrarase a X Carreira Expourense-Megaxove

O Club Ourense Academia Postal organiza a X Carreira Expourense-Megaxove, coincidiendo coa celebración desta feira no recinto feiral de Expourense. A competición terá lugar nos arredores do recinto feiral Expourense e do Pazo de Deportes “Paco Paz”.

A carreira disputarase o próximo martes, 8 de decembro, a partir das 11:15 horas. A entrega de trofeos realizarase a partir das 13:30 horas dentro do recinto de Expourense.

Establécense as seguintes categorías:
Cativos / 2003 e con posterioridade
Benxamín / 2001 e 2002/
Alevín / 1999 e 2000
Infantil / 1997 e 1998
Cadete / 1995 e 1996
Xuvenil / 1993 e 1994
Iúnior / 1991 e 1992
Promesa – Sénior / 1975 e 1990
Veteráns A (homes e mulleres) / 1965 e 1974
Veteráns B Homes / 1955 e 1964
Veteráns C Homes / 1954 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres / 1964 e con anterioridade

Horario das probas e distancias aproximadas:
11:15 / Alevín – Infantil mulleres / 1.200 m.
11:25 / Alevín – Infantil homes / 2.050 m.
11:40 / Cadete – Xuvenil mulleres / 2.050 m.
11:55 / Cadete – Xuvenil homes / 3.600 m.
12:20 / Iúnior-Promesa-Sénior-Veteráns / 6.000 m.

As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ó posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos nos se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán un agasallo ó alcanzar a liña de meta. As clasificacións serán expostas no Stand do Club Ourense Atletismo Academia Postal en Megaxove, tra-la finalización de cada carreira, e na páxina web do Club ao longo da tarde.


Lembramos que ese mesmo día tamén haberá carreira en Valga como xa publicamos no seu día.

No hay comentarios: