lunes, 28 de diciembre de 2009

San Silvestre en Noia, Ribadeo e Castrelo de Miño

Todos os socios/as que desexen despedir o ano o día 31 facendo deporte contan con varias carreiras de San Silvestre por toda Galicia. Nunha entrada anterior no blog xa falamos da San Silvestre de Lugo e da de Vigo. Hoxe súmanse a San Silvestre de Noia, a de Ribadeo e a de Castrelo de Miño.

San Silvestre de Noia 
A partir de las 17:00 h. O circuíto será de 3.200 m, polo paseo marítimo e o casco vello de Noia, con saída e chegada na Alameda. Organizada polo Concello de Noia e o Club de Atletismo de Noia. As inscripcións poden facerse por correo electrónico ou na línea de saída ata unha hora antes da proba. Debido ao carácter festivo desta proba non haberá categorías otorgándose trofeo ao primeiro home e á primeira muller. Obsequiarase a todo participante cunha camiseta conmemorativa. Ao finalizar a proba haberá unha pequena festa para despedir o ano.
Máis información na web do Club de Atletismo de Noia.

San Silvestre de Ribadeo 
A partir de las 16:30 h cunha distancia de 5.000 m e unha carreira para nenos de 100-500 m (media hora antes). Organizada polo Concello de Ribadeo. As inscripcións son gratuítas ata media hora antes do comenzo da proba. Haberá premios en metálico para os tres primeiros/as na categoría absoluta.

X Carreira Popular San Silvestre de Castrelo de Miño 
As 16:00 h. para todas as categorías en 2 grupos. Na parte de adiante colocaranse as categorías superiores e na parte traseira as inferiores. Terá lugar no aparcadoiro do Parque Naútico de Castrelo de Miño e a distancia será 6.500 m. para a categoría absoluta e 2.000 m. para as categorías inferiores. Organizada polo Concello de Castrelo de Miño, o Clube Atletismo Ribeiro e Non Stop Training Club. A inscrición ten un prezo de 3 euros e as prazas están limitadas a 300 corredores, sumando todas as categorías.
Máis información na páxina do club ou en championchipnorte.

No hay comentarios: