jueves, 3 de diciembre de 2009

Suspéndense os adestramentos ata o sábado 19


O próximo sábado, 5 de decembro, queda suspendido o adestramento. Ese mesmo día na carreira de Lestrove participarán 8 atletas, 17 nenos e nenas estarán ausentes do Milladoiro polos días festivos e os restantes socios non contestaron á mensaxe do secretario de MillaRaio.

O sábado 12 é o día da carreira en Santiago, na que están inscritos todos os nenos e nenas, e despois o xantar de Nadal. Polo tanto os adestramentos suspéndense ata o sábado 19 de decembro.

Desexamos a todos os socios e socias que pasedes unha boa ponte e aproveitedes estes festivos para “recargar pilas”.

No hay comentarios: