sábado, 12 de diciembre de 2009

MillaRaio 2º club en participación no campo a través “cidade de Santiago”

A segunda volta do II trofeo de atletismo campo a través “cidade de Santiago” que se celebrou este sábado, 12 de decembro, contou cunha alta participación de atletas do MillaRaio. Fomos o 2º club en número de participantes, so adiantados polo Olímpico Vedra. A maior cantidade de atletas de MillaRaio concentrouse na categoría Prebenxamíns.

Na categoría Alevín nenos temos o 3º posto por equipos. A categoría Prebenxamíns non puntuaba, de facelo teríamos o 1º posto por equipos.

As clasificacións individuais por categorías foron:
Prebenxamín nenos: 1. Hugo González Olveira; 2. Guillermo De La Riva Paredes; 6. Pablo Souto García; 7. Miguel Piñón Álvarez; 9. Iago Ramos López; 10. Ephem Canal Piñón; 11. Mario Uzquiaga Escourido; 12. Antón Rivas Seijas; 13. Mario Vilar Veiga; 16. Mario López Lareo; 17. Xoel Moar Segade.
Prebenxamín nenas: 4. Fátima Dell Blanco; 6. Carla Buela Enjo.
Benxamín nenos: 3. Leonardo Guazzone Mariño; 8. Jaime Ferro Vilas; 9. Antón González Pérez.
Alevín nenos: 6. Hugo Rodríguez Abel; 18. Jacobo Nogueira Colmeiro; 21. Iago Fuentes García; 24. Pablo Nogueira González.
Alevín nenas: 3. Alba López Portabales; 9. Natalia Sánchez Pardo.
Infantís nenas: 11. Cristina Sánchez Pardo.

Na primeira volta deste trofeo, celebrada o pasado 14 de novembro, acadamos o 3º posto por equipos na categoría Benxamíns.

Unha vez máis felicitar, polo seu esforzo, a todos os/as atletas que se animaron a correr.

No hay comentarios: