Moitos factores inflúen na iniciación deportiva: as características persoais do neno/a, a filosofía do club ou escola deportiva, o grupo de iguais, os adestradores ou monitores deportivos e os propios pais. Os pais forman parte do contexto deportivo, as súas decisións, opinións e actitudes inflúen na experiencia deportiva dos seus fillos/as, dándolle ao deporte un enfoque lúdico ou meramente compititivo.
O deporte é unha ferramenta moi útil na educación dos fillos/as aportando unha serie de valores imprescindibles para a formación integral do neno/a como persoa e deportista. O deporte fomenta a autonomía persoal e a toma de decisións propias, crea un ambiente de colaboración cos compañeiros, mellora a autoconfianza e a comunicación, axuda a consolidar hábitos saúdables, ensina o respeto polo adversario e a importancia de esforzarse e superarse día a día mesmo despois da derrota. En definitiva proporciona pautas mínimas moi importantes para o desenvolvemento persoal.
Recomendacións para que os pais e nais fagan máis satisfactoria a experiencia deportiva dos nenos/as:
Favorecer a actividade deportiva dos teus fillos/as, sen esquecer que a elección do deporte debe ser libre e voluntaria por parte do neno/a.
Involucrarse nas actividades deportivas dos fillos/as. Sempre que podas axudar nas tarefas do club ou escola deportiva. Pregunta as dúbidas que teñas sobre o funcionamento do club, os seus obxectivos, a programación deportiva (horarios, actividades)...
Asegurarse que os nenos practiquen deporte nun entorno saúdable. A maioría dos adestradores e monitores contan con boa formación para desenvolver o seu traballo, confía nas súas decisións deportivas e se non estás dacordo comparte as túas ideas directamente con eles.
Non fagas de 2º adestrador, aínda que coñezas a fondo o deporte que practica o teu fillo/a. ¿A quen lle fago caso? ¿ao adestrador ou a papá? Probablemente a ningún dos dous.
Premiar sempre a participación, a superación, o respecto polas decisións arbitrais e polo adversario. Debemos ser modelos de autocontrol para os fillos/as.
Non esquezas nunca que o obxectivo principal no deporte base é a diversión e a formación dos nenos/as. Disfruta asistindo ás competicións y convírtete no FAN nº 1 do teu fillo/a.
Isto é o resumo dun artigo escrito por Eva M. García Quinteiro e publicado na páxina web de EPSIDE (Psicólogos do deporte en Galicia). Aproveito a ocasión para colgar o enlace a esta interesante páxina, que eu non coñecía, e dar as grazas ao socio/a que o fixo chegar coa súa mensaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario