A San Silvestre de Lugo celebrarase a partir das 16:30 h. na zona do Paseo Fluvial próximo ao Pazo de Feiras e Exposicións.
Categorías e distancias:
CARREIRAS INFANTÍS
MINI: feminina/masculina – anos 2004 - 2005 (distancias inferiores a 0,5 km)
A: feminina/masculina – anos 2001 - 2002 - 2003 (distancias inferiores a 1 km)
B: feminina/masculina – anos 1998 - 1999 - 2000 (entre 1,5 e 2 km)
C: feminina/masculina – anos 1996 - 1997 (entre 2 e 3 km)
D: feminina/masculina – anos 1994 - 1995 (entre 2 e 3 km)
CARREIRA ADULTOS (aprox. 6,5 km). As categorías son: E (anos 1989-1993), F (anos 1979-1988), G (anos 1969-1978), H (anos 1959-1968), I (anos 1958 e anteriores)
Trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e camisetas ao maior número posible de participantes. A entrega de trofeos celebrarase no Club Fluvial de Lugo, despois da carreira de adultos.
Nas carreiras infantís a inscripción será o día da proba de 15:30 h. a 16:15 h. no posto da organización instalado na saída. Os pequenos/as correrán sen chip.
A V San Silvestre de Vigo será a partir das 17:00 h. no Parque de Castrelos. O percorrido é de 5 km aproximadamente. Haberá merenda final para todos os participantes. A carreira é aberta a todas as idades e todo tipo de indumentarias. Solidaria, non competitiva e festiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario