Estes son os campións e campionas de MillaRaio que participaron por primeira vez nunha competición en pista, nas categorías benxamín, alevín e infantil. O pasado sábado correron os 1.000 m. lisos da fase comarcal Deporte Escolar en pista, enmarcados nos XOGADE, que se celebrou nas pistas de atletismo da USC.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Jacobo Nogueira Colmeiro, Alba López Portabales, Cristina Sánchez Pardo, Natalia Sánchez Pardo, Iago Fuentes García, Hugo Rodríguez Abel, Xela Cascallar Mayo, Adrián Vispalia Moreno, Jaime Ferro Vilas e Sara Vispalia Moreno.
Por outra banda Juan Pablo Fernández proclamouse, ese mesmo día no campionato de clubes galegos en Lugo, campión absoluto galego en 3.000 m. obstáculos cun tempo de 9:31.61.
PARABÉNS A TODOS
Máis información dos XOGADE na web oficial.
4 comentarios:
Primeiro felicitar o noso adestrador Juan Pablo Fernández por proclamarse campión absoluto galego en 3.000 m. obstáculos cun tempo de 9:31.61.no campionato de clubes galegos en Lugo.
Segundo dar en enhoraboa aos atletas que foron a correr o sábado as pistas e o mesmo tempo felecitar o director deportivo máis a xunta directiva polo seu logro.
Seguir así, por un MillaRaio grande en valores deportivos.
Saúdos a todos.
Xosé Luis Ramos.
Noraboa a todas e todos, pola sua estrea nas pistas de atletismo.
A seguir asi.
Unha pregunta, ¿ cando van ir os prebenxamín as pistas do campus universitario?, segun teño entendido ían ir todos a adestrar unha vez o mes, este está a rematar e aínda non foron.
Si non vós importa de darme algunha resposta, agradeceríao moito.
Ata logo.
Las pistas estan ocupadas por competiciones durente todo el dia, en el pasado sabado y en el próximo también.
Aun así se baraja la posibilidad de que vaiamos igual el sabado para que conozcan las pistas, vean como es una competición y entrenariamos en algun´espacio que nos permitan utilizar. Se confirmará hasta mañana.
Un saludo.
Publicar un comentario