Aprezados socios e socias,
O sábado pasado, algúns dos nosos atletas tiveron a oportunidade de probar por primeira vez as pistas dun estadio. Esta experiencia foi moi positiva e queremos repetila canto antes.
Xoán Paulo, o noso adestrador e director deportivo, proponlles a todos os nenos e nenas das categorías benxamín, infantil e alevín participar nas probas combinadas que terán lugar o próximo sábado, 24 de abril, nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago.
Trátase de tres probas (máis asequibles cá última): velocidade, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Antes de comezar, haberá un adestramento específico.
Achégovos anexa a táboa cos horarios das probas. Todos os nenos e nenas serán inscritos automaticamente polo club.
Os prebenxamíns e todos aqueles que non desexen participar, quedan convocados para adestrar no horario habitual, 13 h, nas mesmas pistas de atletismo, para que tamén aproveiten esta oportunidade. Se desexan animar os compañeiros, poden vir antes e presenzar as probas nas que participamos a partir das 11.00 h.
Un saúdo,
A xunta directiva
3 comentarios:
¿A qué hora debemos estar en las pistas? ¿a las 11?
Los niños deben de estar media hora antes del inicio de su primera prueba!
Habería que estar nas pistas nos horarios seguintes:
Infantís: 10:15
Alevíns Homes: 11:00
Alevíns Mulleres: 11:15
Benxamíns Homes: 11:30
Benxamíns Mulleres: 11:45
O adestrador estará nas pistas a partir das 10
Publicar un comentario