domingo, 26 de febrero de 2012

Millaraio No Campionato Galego de Cros

O pasado Sábado disputouse en Portas (Pontevedra) o Campionato Galego Escolar de cros, pechando a tempada autonómica de cros escolar, que terá o seu campionato de España o vindeiro día 11/03 no circuito da torre de Hércules, onde participan os mellores Cadetes de cada autonomia.

O nosso clube estivo moi ben representado por dous atletas que estreaban este ano con o clube e no atletismo, enchéndonos de orgullo por levar a representación de Millaraio a unha competición entre os mellores de Galicia. Diego Alonso Campo foi o 46º colocado na categoria Alevin e Carla Castaño Garcia foi a 14ª colocada na categoria Cadete.

Parabéns aos dous!

sábado, 25 de febrero de 2012

CAMISETAS TÉRMICAS

Proximamente poranse a disposición dos atletas de Millaraio camisetas térmicas de manga larga que poderán ser canxeadas por 6 PUNTOS MILLARAIO. Tod@s aqueles que estedes interesados nestas camisetas poderedes reservalas enviando un correo electrónico a Miguel Buela á seguinte dirección:

miguelbuela@gmail.com

jueves, 23 de febrero de 2012

Noticias Millaraio

ENTREGA DE BOLSAS

No adestramento de Sábado entregaranse os vales para coller a bolsa de zapatillas. No momento de recollida da bolsa en CENTRO DEPORTIVO, cada un debe recoller un calcetín (regalo da Tenda) e unha pegatina de Millaraio, cedida polo Clube.

Algúns pais que xa recolleron a bolsa, deben falar con o presidente Miguel Buela que os fará chegar  os obsequios. Tamén deben dirixirse ao presidente todos aqueles responsables que non participaron na última reunión en Ventin para aclarar temas relacionados aos puntos Millaraio.

CAMPIONATO GALEGO DE CROS

Por outra parte felicitar a Carla Castaño e  Diego Alonso pola súa clasificación para disputar o Campionato Galego de Cros o vindeiro sábado en Portas (Pontevedra). Eles estará representando o noso Clube en ese campionato competindo con os mellores de Galicia en esa disciplina.

CARREIRA DE PADRÓN DÍA 03/03

Por último, adiantar que Millaraio, como xa é tradición, participará na carreira de Padrón (mais información: http://www.atletismogalego.com/hs030312.pdf )  que será considerada “Carreira do Clube” polo que a inscrición se realiza polo Clube e a participación suma puntos Millaraio. Rogamos aos pais que xa saben que non irán participar, comuniquen no correo do Clube millaraio@gmail.com para evitar inscricións indebidas que entorpecen os preparativos da organización das carreiras populares. Para ese día NON HABERÁ ADESTRAMENTO das categorías  Benxamín e Alevín.

lunes, 20 de febrero de 2012

Adestramento Mércores 22/02 e Sábado 25/02

O próximo Mércores día 22/02 non haverá adestramento no Pabillón do Milladoiro e todos os atletas que fán seu adestramento os mércores están convocados a ir às pistas de Atletismo de 18:15 a 19:15.

Con respecto ao Sábado teremos adestramento "Normal" onde os G1- 2002 e anteriores van às pistas de 12:00 a 13:30 e os G2- 2003/04/05 van a Ventin de 13:00 a 14:00.

Queríamos pedir desculpas por algúns mal entendidos ocasionados polos cambios que estamos introducindo no Calendario e no formato do mesmo. Somos conscientes da que as diferentes competicións, actividades e incorporación de melloras estructurais fan con que a estructura temporal de adestramentos teña pouca estabilidade.

Primeiro decir que todos os cambios atenden a melloras na calidade dos adestramentos o que nos está permitindo chegar a unha excelencia en ratios de grupos, división por categorias e oferta de actividades inovadoras. Por outra parte, algúns outros cambios son obrigados por temas de espacios, competicións ou horarios das insctacións.

Co obxectivo de mellorar a información, adxuntóuse ao calendario mais detalles en cada un dos adestramentos o que fixo con que esa información non poidera estar apenas no título de cada evento (como antes), sendo importante PINCHAR en riba de cada evento para accedera à información completa de cada adestramento ou competición.

Seguimos buscando mellorar a nosa comunicación para poder chegar a unha ferramenta óptima que permita a achega de información de manera eficaz e segura aos nosos socios, para que aproveiten ao máximo todas as oportunidades deportivas que estamos programando para esta tempada!

Un saúdo!

FESTA DO ENTROIDO AMES 2012

Hoxe celébrase no Milladoiro a Festa do Entroido do Concello de Ames. A festa comezará ás 18:00 e remtará ás 22:00 horas. Máis información na web do Concello de Ames.

sábado, 18 de febrero de 2012

BOLSA DE DEPORTES DE MILLLARAIO

Informarvos a todos que para conseguir a bolsa de deportes de Millaraio tedes que solicitar á directiva UN VALE para recollela na tenda de Centro Deportivo situada na calle San Pedro de Mezonzo en Santiago.

O custo da bolsa de deportes será de 5 puntos Millaraio, no caso de que non teñades puntos suficientes, estos serán descontados de futuras participacións en carreiras do clube, colaboración en eventos, venta de carnets de socios, etc...
En ningún caso haberá que abonar nada para retirar os vales.
Haberá 15 días de prazo para recoller a bolsa a partir da fecha de recollida dos vales.
Dentro de cada bolsa atoparedes unha pegatina de Millaraio, pegatinas que posteriormente podedes conseguir cambiando 1 punto Millaraio por 5 pegatinas.

miércoles, 15 de febrero de 2012

EMPRESAS COLABORADORAS

A tempada avanza e os nosos atletas van conseguindo éxitos, froito do traballo desenrolado polo equipo técnico e o seu propio esforzo. queremos dar as gracias a todas as empresas que colaboran co noso clube e nos permiten alcanzar as metas que nos propuxemos o principio da tempada, tendo en conta os tempos difíciles que corren para todos. moitas gracias a todas elas.
Esta é a última actualización das empresas socias colaboradoras.
MACIA
 SALVACOM
LUZETE
ANTIQUA; NOGUEIRA, GONZÁLEZ Y SÁNCHEZ-BRUNETE, ABOGADOS; GRUPO JABE INGENIERIA; V. AUTO; BAR POLÍGONO;

CAFETERIA CENTRAL; CLUB SQUASH SANTIAGO


AMBIOTEC Gabinete de estudios de medio ambiente y urbanismo
BAR JOY; AUTO VIDRIO PLUS; MAYZU; BABIA;  ANIMAL CENTER; FOGAR DE SEIDON; CAFETERIA LA ROTONDA E RESTAURANTE SQUASH; VIAJES VILORIA; BERNARDO NOGUEIRA PELUQUERIA MUJER- HOMBRE ; ESTUDIO 20 ASESORIA ; COMPOSTELA MOTOR; MARUXIA KIOSKO E LIBRERÍA PAPELERIA O TINTEIRO

VALIÑO
VAGALUME; PANADERÍA SAN JOSÉ
NOA
OPTICA VINTE; CALVIÑO; CAFELITO; ILUMINACIONES SANTIAGUESAS, S.L.; CAFÉ BAR EIRADO; CARLOS SEIXAS (diseño de muebles y carpinteria)

martes, 14 de febrero de 2012

Resultados Capionato Provincial de Cros- A Pobra

O pasado sábado unha grande parte dos nosos atletas tomaron parte no Campionata de A Coruña de cros medindose con os gtandes clubes da nosa provincia, no circuito da Praia de Cabio en A Pobra do Caramiñal.

Aínda que non fora o obxectivo da nosa prepación, todos demostrarón boa evolución facendo moi bos resultados onde destacou o equipo Benxamín Masculino, proclamado campión Provincial de Cros! É a primeira vez que o noso clube acada un resultado de tal importancia, e mais se cabe, tratándose de unha conquista en equipo!

Por outra banda, 3 equipos quedarón no 4º posto, estando ás portas de acceder ao campionato Galego. A esta comnpetición que terá lugar en Vigo o día 25/02, acudirán 2 atletas do clube:  Diego Alonso Campo na categoria alevín e Carla Castaño Gárcia, na categoria Cadete. Recordamos que neste campionato non estará incluida a categoria benxamín e, polo tanto, os nosos pequenos terán adestramento normal no cole de Ventín o sábado 25/02.

Deixamos abaixo os resultados competos da competicón:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/pobra110212.pdf


Con esa competicón se finaliza o ciclo de cros (Salvo aos clasificados) e comenzamos a preparación mais específica para afrontar a tempada de pista que comenza co campionato escolar o día 24/03 nas pistas de Santiago.

lunes, 13 de febrero de 2012

CAMPIONATO GALEGO CADETE (CORUÑA)


Boa actuación do Millaraio no Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta disputado na Coruña, no Palacio dos Deportes de Riazor.
No 50 m.l homes participaron o atleta Samuel Huesca (4º na súa semifinal) e Antón López, que chegou á final e onde acadou o 4º posto no Campionato Galego Cadete.
Por outra banda na final de Salto de Lonxitude a representación masculina do noso clube correu a cargo de Martín Fernandez, decimoprimeiro na final cunha marca de 4.60 m. e novamente Antón López que ó igual que na proba dos 50 metros quedou ás portas dos metais quedando 4º a 5 cm do bronce.
A actuación feminina nos 50 m.l correu a cargo de Irene Ibáñez (7.99) e Cristina Sánchez (7.77) acadando cada una delas o segundo posto nas súas respectivas semifinais e quedando fora da final por moi pouco!
Irene tamén participou no 600 m.l onde conseguiu una marca de 2.04.10 e o decimoterceiro posto.
Tamén tivemos representación nalgúns dos diversos controis realizados durante a xornada onde Francisco Lopez participou nos 200 m.l e Martín Fernández no de 50m.l

¡¡PARABÉNS PARA TODOS!!

viernes, 10 de febrero de 2012

Últimos detalles Fin de Semana

Campionato Provincial de Cros - A Pobra do Caramiñal. Sábado 11/02

Objetivo:  ir a participar e facer cada un o seu mellor! Xa foi unha grande sorpresa chegar a poder medirse cos melores da Coruña e a Directiva e adestradores estamos moi satisfeitos. Tamén é loxico que se clasificamos algún equipo para o campeonato de galicia estaremos mais contentos aínda, pero con ir ao provincial con tantos atletas (43) consideramos que o obxectivo do cros está alcanzado!

Toda a información a tedes mais abaixo no blog, pero faltou recordar que é interesante que aqueles que teñan zapatillas de clavos leven consigo para que ali evaluemos o que mais compensa. De entrada é un circuitoque se pode correr perfectamente con zapatillas normais, pero non está demais que a leven.

Campionato  Galego cadete en Pista Coberta - A Coruña. Domingo 12/02


Tamén é unha grata sorpresa que teñamos a 5 atletas clasificados para medirse con os mellores de galicia nas especialidades de velocidade e saltos e pista coberta. A maioria dos nosos cadetes estrenan categoria (son de 1º ano) o que fai mais difícil acadar as mínimas, ainda mais para a pista coberta onde hai poucas probas no inverno.

Novo Horario-  A federación fixo públicos o novo horario e a lista de inscritos na súa paxina: http://www.atletismogalego.org/ sendo o que aparece alí o horario definitivo. Algunha das nosas inscripcións non se confirmarón, pero estamos traballando para que todos poidan competir ainda que sexa no control de marcas, paralelo à competición.

É indispensable levar o DNI a todos Campionatos Galegos, e atender aos horarios de Cámara  de Chamadas establecidos no regulamento da competición. O adestrador orientará aos atletas en ese sentido, pero deben ser eles os responsables por coñecer os horarios das súas probas
Adestramentos Pistas USC - Todos Na Pista!

Recordamos que tódolos atletas que non comepeten sábado, teñen adestramento "Todos na Pista" con horario de 11 a 12:30 para os mayores (2002, 2001, 1999...) e 12:30 a 13:30 para os benxamíns e prebenxamíns (2003,2004 e 2005).

A previsión de sol fai con que podamos seguir co ciclo de Pértega para os Infantís e Cadetes e con a preparación de provas de Pista para todos os demais, pois están previstas xa dúas probas en pista para todas as categorias, no final do mes de marzo!

Un saúdo!

martes, 7 de febrero de 2012

Fin de Semana Repleto de Actividades!

Son moitas as actividades deportivas do Clube no próximo fin de semana. Facemos un resumen para que todos poidan ubicarse, participando ou acompañando os atletas do clube nos eventos programados:

SÁBADO:

- Campeonato Provincial de Cros escolar - A Pobra do Caramiñal. Salida Autobús 9:45 Parque Eugenio Granel.

Detalles: http://www.millaraio.blogspot.com/2012/02/capionato-provincial-de-cros-1102-pobra.html

- Adestramento "Todos na Pista" - Pistas da USC  (para aqueles que no van ao cros) 

11 a 12:30 - Alevín- Infantil - Cadete Xuvenil
12:30 - 13:30 - Benxamín- PreBenxamín


DOMINGO:

- Campeonato Gallego Cadete de Pista Cuberta - A Coruña. Participan os atletas cadetes con marca mínima esixida pola organización.
Detalles: http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%202-2012.pdf

As probas a que tomarán parte nosos atletas son no periodo da mañan e cada atleta saberá o mércores 08/02, no adestramento, os detalles da súa participación.


- I Carreira Colexio N.S. Lourdes - A Estrada

  Esta carreira, con distancia e organización dirixida principalmente aos escolares, terá lugar nas instalacións do colexio estradense e control dos xuices da delegación de Santiago da FGA. É unha boa opción para aqueles que non van ao cros do sábado ou algún que queira repetir, con chocolatada e sorteo de regalos incluidos ao final da proba.

O clube non fará inscripcións colectivas para esta carreira unha vez que deben ser feitas de maneira individual informáticamente na paxina web da carreira.

Detalles e inscripcións:
www.colexionslourdes.es


Como vedes son moitas as opcións e Millaraio estará representado en moitos eventos, onde cada un dos nosos atletas fará o seu mellor para defender as cores do noso clube!

Capionato Provincial de Cros 11/02 A Pobra do Caramiñal

O vindeiro Sábado Millaraio vai acudir ao capionatto provincial de cros que será disputado no circuito da praia de Cabio, na Pobra do caramiñal. As listas con  os participantes serán enviadas por correo eletrónico e deben confirmar LA NO ASISTENCIA para facilitar a subtituición no caso de non poder acudir para evitar que o equipo teña baixas e sexa desclasificado (deben chegar 4 polo menos a meta).

O Autobús da organización sale as 9:45 da parada de autobuses do parque Eugenio Granel (do lado de onde era a salida e meta dos últimos cros disputados) e os atletas deben levar a equipación do clube completa. O transporte está reservado para os atletas.

Detalles:

LUGAR E DATA.
Circuito Praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, sábado 11 de febreiro do 2012.

HORARIO.
Entrega de dorsais: 10:45
Desenrolo da Proba: 11:15-13:30
No transcurso da proba, e na liña de meta, iranse entregando bolsas picnic aos participantes de cada carreira.

PREMIOS.
Entregaranse medallas aos 3 primeiros clasificados individuais de cada categoría, e trofeos aos 3 primeiros equipos clasificados de cada unha, así como medallas aos seus compoñentes.
COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Cada equipo estará formado por seis corredores/as, dos/ as que puntuarán os/as catro mellor clasificados/as ou tres (só na categoría cadete). Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo no que obtivera a mellor clasificación o último dos seus corredores que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como equipo.
Para o campionato galego clasificaranse os 3 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do 8.º clasificado.


DISTANCIAS E HORARIOS


Categoría
Distancia  aprox.
Saída:
Benxamín fem.
700 m
11:15
Benxamín mas.
700 m
11:30
Alevín fem.
1200 m
11:45
Alevín mas.
1600 m
12:00
Infantil fem.
1600 m
12:15
Infantil mas.
2000 m
12:30
Cadete fem.
2500 m
12:50
Cadete mas.
4000 m
13:10


Todos buscarán a clasificación para o campionato Galego de Atletismo a disputarse en Vigo o Vindeiro 18/02 pero aínda que non logremos clasificacións, a tempada de cros foi moi boa para o clube que vai ter unha das mayores representacións de toda a provincia de A Coruña!

TODOS NA PISTA

Todos os atletas que non van ao cros terán adestramento nas pistas de Atletismo da USC. Os alevíns e mayores de 11 a 12:30 e os Benxamíns e prebenxamíns de 12:30 a 13:30.

sábado, 4 de febrero de 2012

RESULTADOS CONTROL DE MARCAS 01/02

O pasado mércores, nunha tarde fria e húmeda, disputouse o conrol de marcas onde tomáró parte mais de 30 atletas do noso clube nas diferentes probas! Ainda que o tempo non axudara e o vento en contra impediu uma mellor prestación nas carreiras de velocidade, nosos atletas alcazarón bos resultados, a destacar as mínimas alcanzadas polos atletas cadetes que permitirá a participación de até 5 deportistas no campionato Gallego Cadetes en Pista Cuberta, o próxio domingo 12/02 en A Coruña.

Resultados:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/01/RESULTADOS-CONTROL-MARCAS-0102121.pdf

Foi  primeira competicón de pista da temporada e valeunos como ponto de partida para ter referencia e coller experiencia de cara às próximas probas de marzo e abril.