viernes, 10 de febrero de 2012

Últimos detalles Fin de Semana

Campionato Provincial de Cros - A Pobra do Caramiñal. Sábado 11/02

Objetivo:  ir a participar e facer cada un o seu mellor! Xa foi unha grande sorpresa chegar a poder medirse cos melores da Coruña e a Directiva e adestradores estamos moi satisfeitos. Tamén é loxico que se clasificamos algún equipo para o campeonato de galicia estaremos mais contentos aínda, pero con ir ao provincial con tantos atletas (43) consideramos que o obxectivo do cros está alcanzado!

Toda a información a tedes mais abaixo no blog, pero faltou recordar que é interesante que aqueles que teñan zapatillas de clavos leven consigo para que ali evaluemos o que mais compensa. De entrada é un circuitoque se pode correr perfectamente con zapatillas normais, pero non está demais que a leven.

Campionato  Galego cadete en Pista Coberta - A Coruña. Domingo 12/02


Tamén é unha grata sorpresa que teñamos a 5 atletas clasificados para medirse con os mellores de galicia nas especialidades de velocidade e saltos e pista coberta. A maioria dos nosos cadetes estrenan categoria (son de 1º ano) o que fai mais difícil acadar as mínimas, ainda mais para a pista coberta onde hai poucas probas no inverno.

Novo Horario-  A federación fixo públicos o novo horario e a lista de inscritos na súa paxina: http://www.atletismogalego.org/ sendo o que aparece alí o horario definitivo. Algunha das nosas inscripcións non se confirmarón, pero estamos traballando para que todos poidan competir ainda que sexa no control de marcas, paralelo à competición.

É indispensable levar o DNI a todos Campionatos Galegos, e atender aos horarios de Cámara  de Chamadas establecidos no regulamento da competición. O adestrador orientará aos atletas en ese sentido, pero deben ser eles os responsables por coñecer os horarios das súas probas
Adestramentos Pistas USC - Todos Na Pista!

Recordamos que tódolos atletas que non comepeten sábado, teñen adestramento "Todos na Pista" con horario de 11 a 12:30 para os mayores (2002, 2001, 1999...) e 12:30 a 13:30 para os benxamíns e prebenxamíns (2003,2004 e 2005).

A previsión de sol fai con que podamos seguir co ciclo de Pértega para os Infantís e Cadetes e con a preparación de provas de Pista para todos os demais, pois están previstas xa dúas probas en pista para todas as categorias, no final do mes de marzo!

Un saúdo!

No hay comentarios: