Boa actuación do
Millaraio no Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta disputado na Coruña, no
Palacio dos Deportes de Riazor.
No 50 m.l homes
participaron o atleta Samuel Huesca (4º na súa semifinal) e Antón López, que
chegou á final e onde acadou o 4º posto no Campionato Galego Cadete.
Por outra banda
na final de Salto de Lonxitude a representación masculina do noso clube correu
a cargo de Martín Fernandez, decimoprimeiro na final cunha marca de 4.60 m. e
novamente Antón López que ó igual que na proba dos 50 metros quedou ás portas
dos metais quedando 4º a 5 cm do bronce.
A actuación
feminina nos 50 m.l correu a cargo de Irene Ibáñez (7.99) e Cristina Sánchez
(7.77) acadando cada una delas o segundo posto nas súas respectivas semifinais
e quedando fora da final por moi pouco!
Irene tamén
participou no 600 m.l onde conseguiu una marca de 2.04.10 e o decimoterceiro
posto.
Tamén tivemos
representación nalgúns dos diversos controis realizados durante a xornada onde
Francisco Lopez participou nos 200 m.l e Martín Fernández no de 50m.l
¡¡PARABÉNS PARA
TODOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario