martes, 7 de febrero de 2012

Capionato Provincial de Cros 11/02 A Pobra do Caramiñal

O vindeiro Sábado Millaraio vai acudir ao capionatto provincial de cros que será disputado no circuito da praia de Cabio, na Pobra do caramiñal. As listas con  os participantes serán enviadas por correo eletrónico e deben confirmar LA NO ASISTENCIA para facilitar a subtituición no caso de non poder acudir para evitar que o equipo teña baixas e sexa desclasificado (deben chegar 4 polo menos a meta).

O Autobús da organización sale as 9:45 da parada de autobuses do parque Eugenio Granel (do lado de onde era a salida e meta dos últimos cros disputados) e os atletas deben levar a equipación do clube completa. O transporte está reservado para os atletas.

Detalles:

LUGAR E DATA.
Circuito Praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, sábado 11 de febreiro do 2012.

HORARIO.
Entrega de dorsais: 10:45
Desenrolo da Proba: 11:15-13:30
No transcurso da proba, e na liña de meta, iranse entregando bolsas picnic aos participantes de cada carreira.

PREMIOS.
Entregaranse medallas aos 3 primeiros clasificados individuais de cada categoría, e trofeos aos 3 primeiros equipos clasificados de cada unha, así como medallas aos seus compoñentes.
COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Cada equipo estará formado por seis corredores/as, dos/ as que puntuarán os/as catro mellor clasificados/as ou tres (só na categoría cadete). Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo no que obtivera a mellor clasificación o último dos seus corredores que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como equipo.
Para o campionato galego clasificaranse os 3 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do 8.º clasificado.


DISTANCIAS E HORARIOS


Categoría
Distancia  aprox.
Saída:
Benxamín fem.
700 m
11:15
Benxamín mas.
700 m
11:30
Alevín fem.
1200 m
11:45
Alevín mas.
1600 m
12:00
Infantil fem.
1600 m
12:15
Infantil mas.
2000 m
12:30
Cadete fem.
2500 m
12:50
Cadete mas.
4000 m
13:10


Todos buscarán a clasificación para o campionato Galego de Atletismo a disputarse en Vigo o Vindeiro 18/02 pero aínda que non logremos clasificacións, a tempada de cros foi moi boa para o clube que vai ter unha das mayores representacións de toda a provincia de A Coruña!

TODOS NA PISTA

Todos os atletas que non van ao cros terán adestramento nas pistas de Atletismo da USC. Os alevíns e mayores de 11 a 12:30 e os Benxamíns e prebenxamíns de 12:30 a 13:30.

No hay comentarios: