Son moitas as actividades deportivas do Clube no próximo fin de semana. Facemos un resumen para que todos poidan ubicarse, participando ou acompañando os atletas do clube nos eventos programados:
SÁBADO:
- Campeonato Provincial de Cros escolar - A Pobra do Caramiñal. Salida Autobús 9:45 Parque Eugenio Granel.
Detalles: http://www.millaraio.blogspot.com/2012/02/capionato-provincial-de-cros-1102-pobra.html
- Adestramento "Todos na Pista" - Pistas da USC (para aqueles que no van ao cros)
11 a 12:30 - Alevín- Infantil - Cadete Xuvenil
12:30 - 13:30 - Benxamín- PreBenxamín
DOMINGO:
- Campeonato Gallego Cadete de Pista Cuberta - A Coruña. Participan os atletas cadetes con marca mínima esixida pola organización.
Detalles: http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%202-2012.pdf
As probas a que tomarán parte nosos atletas son no periodo da mañan e cada atleta saberá o mércores 08/02, no adestramento, os detalles da súa participación.
- I Carreira Colexio N.S. Lourdes - A Estrada
Esta carreira, con distancia e organización dirixida principalmente aos escolares, terá lugar nas instalacións do colexio estradense e control dos xuices da delegación de Santiago da FGA. É unha boa opción para aqueles que non van ao cros do sábado ou algún que queira repetir, con chocolatada e sorteo de regalos incluidos ao final da proba.
O clube non fará inscripcións colectivas para esta carreira unha vez que deben ser feitas de maneira individual informáticamente na paxina web da carreira.
Detalles e inscripcións:
www.colexionslourdes.es
Como vedes son moitas as opcións e Millaraio estará representado en moitos eventos, onde cada un dos nosos atletas fará o seu mellor para defender as cores do noso clube!
No hay comentarios:
Publicar un comentario