No adestramento de Sábado entregaranse os
vales para coller a bolsa de zapatillas. No momento de recollida da bolsa en
CENTRO DEPORTIVO, cada un debe recoller un calcetín (regalo da Tenda) e unha
pegatina de Millaraio, cedida polo Clube.
Algúns pais que xa recolleron a bolsa, deben
falar con o presidente Miguel Buela que os fará chegar os obsequios. Tamén deben dirixirse ao
presidente todos aqueles responsables que non participaron na última reunión en
Ventin para aclarar temas relacionados aos puntos Millaraio.
CAMPIONATO
GALEGO DE CROS
Por outra parte felicitar a Carla Castaño e Diego Alonso pola súa clasificación para
disputar o Campionato Galego de Cros o vindeiro sábado en Portas (Pontevedra). Eles
estará representando o noso Clube en ese campionato competindo con os mellores
de Galicia en esa disciplina.
CARREIRA
DE PADRÓN DÍA 03/03
Por último, adiantar que Millaraio, como xa é
tradición, participará na carreira de Padrón (mais información: http://www.atletismogalego.com/hs030312.pdf
) que será considerada “Carreira do
Clube” polo que a inscrición se realiza polo Clube e a participación suma
puntos Millaraio. Rogamos aos pais que xa saben que non irán participar,
comuniquen no correo do Clube millaraio@gmail.com
para evitar inscricións indebidas que entorpecen os preparativos da
organización das carreiras populares. Para ese día NON HABERÁ ADESTRAMENTO das categorías Benxamín e Alevín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario