sábado, 31 de marzo de 2012

ULTIMA HORA- CAMPIONATO GALEGO MENORES PC

A espera do resumen da competición, adiantamos o grande campionato que fixeron os atletas de MILLARAIO na mellor competición da historia do Clube onde por primeira vez temos a Campións Galegos.


Raio-Sonic subiu ao Podium en ata 5 ocasións:

- Andrea Gonzalez García- 3ª en 50m.Vallas
- Nicolas Rodriguez-Cadarso de la Peña- 3º en Lanzamiento de Peso
- Daniel Mato Gómez - 2º en 500m lisos
- Pablo Alonso Campo - Campión Galego Benxamin en Salto Lonxitude
- Nicolas Rodriguéz-Cadarso de la Peña - Campión Galego Infantil de 50m. Vallas

Por outro lado, forón moitos os bos resultados con moitas marcas persoais e postos de finalistas (entre os 8 mellores) que nos deixan cheos de orgullo unha vez que somos un clube xoven que aÍnda acaba de consolidar seu proxecto este mesmo ano!

Noraboa a tódolos adestradores, directiva, Pais e Colaboradores/Patrocinadores que fan posible que o noso clube poida chegar a ser recoñecido en Galicia como unha importante entidade de formación deportiva de base e que os nosos cativos poidan ter a oportunidade de vivir estas experiencias e desenvolverse deportivamente e como persoas!

Parabéns a todos!

Resultados Completos:http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/A%20Coruna/c310312.pdf

viernes, 30 de marzo de 2012

Campionato Galego Menores en Pista Cuberta-31/03

O clube de atletismo Millaraio vai a Coruña con unha representación record de 36 atletas para disputar o Campionato Galego que se disputará en Riazor mañan sábado. As listas con os inscritos e os horarios en cada prova podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.org/ 


                                          Samuel Huesca no Podiun dos 50m na pasada edición.



Os cámbios na normativa de este ano e tamén a ausencia de marcas anteriores en pista de varios dos nosos atletas causaron alguns percances, pero o final levaremos un equipo competitivo, esperando principalmente que cada un poida facer unha boa competición, intentando superar as súas marcas e disfrutando dun evento diferente en condicións baixo teito.

Hai que confirmar a participación estando na camara de chamadas 30' antes do horario da proba, levando o dorsal (os facilitaremos dende o clube) e DNI (aqueles que o teñan) ou un documento identificativo con foto. Ainda que sexa un campionato de menores, hai que recordar que é unha competición Federada e un Campionato Galego oficial! Tamén por ese motivo TODOS DEBEN LEVAR A CAMISETA BLANCA DE COMPETICIÓN!

Aqueles atletas que non participen na Campionato teñen adestramento nas Pistas de Atletismo, às 11:00 o grupo de maiores e às 12:30 grupo de benxamíns e prebenxamíns.

martes, 27 de marzo de 2012

Campionato Galego Benxamín, Alevín e infantil de Pista Cuberta

O palacio de Deportes de Riazor en A Coruña será o cenario do Campionato Galego de PC o vindeiro Sábado en Xornadas de mañan e tarde. A participación no Campionato queda condicionada a selecion por marcas que vaise facer con base nas listas que enviarón os clubes ata onte pola noite. Mércores ou Xoves pola mañan, enviaremos a lista definitiva e os horarios por si hai algunha variación en decorrencia da alta inscripción.

O feito de ser un campionato de Galicia e en Pista Cuberta (menos calles e menos participantes por proba) condiciona a seleción, que tamén é mais dificil para os nosos, pois apenas competirón en pista 1 ou 2 veces na presente tempada, unha vez que no inverno hai predominancia das competicións de cros e da preparación para a pista ao aire libre. Ainda así esperamos levar unha boa representación do Millaraio à Competición.

Un saúdo!

Resultados Zonal en Pista- Santiago

Boa participación dos atletas do noso club no Campionato Escolar de Pista Aire Libre nas pistas da universidade de Santiago.

Neste campionato puidemos ver o estado de forma dos nosos atletas e os erros que temos que corrixir e mellorar para vindeiras citas.  Os resultados foron na súa grande maioria mellores que os acadados na competición interna, pois xa foron feitos axustes e os atletas xa poiderón ganar experiencia na cita organizada polo clube.Tamén se acadarón varias MMP (mellores marcas persoais) o que deixara aos nosos atletas mellores colocados no ranking de Galicia.

Resaltar tamén o agradable día de atletismo que vivimos todos os presentes o sábado na competición na que o bo ambiente e a climatoloxía axudaron a que todo transcorrese estupendamente.
No enlace de aquí abaixo podedes consultar os resultados oficiais.

http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/s240312.pdf

Parabéns para todos!

martes, 20 de marzo de 2012

Campionato Escolar de Pista al Aire Libre - Santiago 24/03

O Videiro Sábado a Partir das 10:30 nas pistas da USC en Santiago de Compostela terá lugar o Campionato Zonal de Atletismo Escolar. O noso clube anotará a todos os atletas que non manifestaron que estarán ausentes nas probas que mellor se encaixan às caracteristicas e vontades de cada un, muscando que sexan sempre nun mesmo periodo unha vez que hai provas pola mañan e tamén pola tarde.

A organización fixo modificacións de última hora nos programa de probas e horarios polo que se aconsella a TODOS OS PAIS E ATLETAS a que revisen os novos horarios das probas que deixamos no enlace abaixo:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/03/HORARIO-ATLETISMO-ESCOLAR-SANTIAGO-240312.pdf


As listas con as inscripcións de cada atleta seran enviadas por correo eletrónico ata xoves. Aqueles que non reciban a información deben enviar un correo a millaraio@gmail.com para que pidamos facer chegar a informción agregando todos os correos ao novo sistema de comunicación do clube.

Animamos a todos a que veñana a animar os nosos atletas que seguramente estrearan a tempada de aire libre facendo unha boa competición, comenzando a súa busca por marcas para acudir aos campionatos provinciais e galegos!

martes, 13 de marzo de 2012

COMPETICIÓS DE PISTA

As competicións de Pista fan con que o atletismo sexa unha das modalidades deportivas mais completas e variadas! Ao mesmo tempo que estimula a que cada cual desenvolva varias facetas coordenativas, enriquece o repertorio xeral e estimula a cognición, permite que cada atleta encontre un grupo de probas ou unha proba, onde mellor encaixa suas habilidades de caracteristicas natas.

Por este motivo, Millaraio dá tanta importancia à participación e coñecemento nas mais diversas probas e tamén motiva a que nosos atletas participen nas competicións escolares e tamén nas organizadas pola federación de Atletismo. Dentro da oferta competitiva actual, cabe explicar un pouco as características e importancia das competicións, principalmente para orientar aqueles ques estan comenzando no mundo do atletismo e facémolo deixando a información abaixo que se refere a competicións que teremos en Marzo:

Competicións atletismo Escolar en Pista:

Así como nas competicións de cros, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia organiza unha competición escolar en Pista con fases Zonal, Provincial e, no caso dos atletas infantiles, Galega. A Zona a que pertence Millaraio ten 2 probas e o Calendario proposto é o seguinte:


1ª Xornada       Competición individual: 24 de Marzo  en Santiago
2º Xornada       Competición individual: 21 de Abril  na Pobra

Campeonato Provincial:                                   12/05/2012
Campionato galego (soamente infantis): 26/05/2012

O regulamento aqui permite unha participación amplia en unha grande gama de probas e iso nos permite ter mais opcións cuanto a horarios e variedade de probas a escoller. Para a competición do día 24/03 esa escolla estará condicionada pola necesidade de acadar unha marca para o campionato galego de Pista Coberta da semana seguinte. (Ler explicación de Pista Coberta abaixo)

O clube fará as inscripcións de todos os atletas e pide que nos confirmen aqueles que NON VAN PARTICIPAR antes do lúns día 19/03. A non confirmación seguida de non presentación, váise ter en conta para as futuras inscripcións que dependan de prazas limitadas.

Os horarios das probas están na seguinte ligazón:

http://www.atletismogalego.com/hs240312.pdf

Aqueles pais que por motivos diversos teñan preferencia por un periodo ou outro (mañana ou tarde) deben comunicalo à direción técnica en millaraio@gmail.com e consultar con o atleta que proba ou probas se lle aconsella participar por parte dos adestradores con a regla de que unha proba escolle o atleta e a outra os adestradores.

Na semana anterior ao campionato publicaremos o regulamento e as condicións esixidas para acudir à fase provincial. Aqueles que non poidan participar poden igualmente ir na seguinte fase en A Pobra do Caramiñal, baixo os mesmos terminos.

Competicións de Pista Coberta:

Polas características climatolóxicas do noso País, as competicións de pista en inverno faríanse mais agradables e seguras se realizadas en Pista Coberta. Galicia conta apenas con a Pista de Riazor(A Coruña), con 160m de corda e o atletismo comparte o espacio con outros deportes que utilizan o mesmo Recinto para a súa práctica competitiva.
Os Cadetes e Xuvenís xa tiverón seus campionatos galegos en Fevereiro, pero os Benxamíns, Alevíns e Infantiles teñen seu campionato de PC (Pista Coberta) o vindeiro 31/03 en Xornada de mañan e de tarde (depende da proba que se faga).

Para clasificarse, os cadetes e xuvenis teñen que acadar unha marca mínima estipulada pola organización a cada ano e os mais pequenos serán selecionados por marcas e cada atleta só pode paerticipar en 2 Probas sendo que apenas unha pode ser de mais de 500m.
Dexamos o enlace con o regulamento da competición onde tamén figuran Horarios e Normativa de Inscripcións:

http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2017-2012.pdf

Para participar do Campinato Galego de PC do día 31/03 os atletas deben confirmar ao clube súa intención de participar atá o día 24/03, via email millaraio@gmail.com e, unha vez feitas as inscripcións, o clube vai comunicar a lista de atletas admitidos e excluídos. As listas deben publicarse o Mércores 28/03 e rogamos que se teña en conta que día 31/03 é inicio das vacacións de Semana Santa.

As dubidas que poidan surxir, podedes aclarar con os membros da directiva ou adestradores.

Un Saúdo e a disfrutar dos nosos atletas participando nas probas de Pista!




lunes, 12 de marzo de 2012

Resultados Competición Interna e Control de Noia

Sábado os nosos atletas disfrutarón de unha intensa mañan de atletismo nas pistas da USC, facendo un ensaio para as próximas probas en pistas que estan por vir as vindeiras semanas.

Aínda que nun principio pretendiíamos que cada un dos atletas tomase parte en 2 probas apenas, por motvos de organización e tempo, a grande colaboración por parte dos pais, do Xuez Suso da delegación de Santiago e tamén dos adestradores e membros da directiva, permitiu que cada atleta fixera todas as probas segundo a súas vontade permitindo que o grande obxectivo que era probar o ambiente de competición en diferentes probas se lograra con creces.

O outro obxectivo era ter unha referencia de marcas para que poideramos, dende a dirección técnica, definir as probas que mellor pode desempeñar cada un dos atletas e tamén aquelas onde poden acadar mínimas para algún campionato de nivel autonómico.

Os Resultados serán enviados próximamente e contamos coa compreensión de todos por algún erro que poidan ter unha vez que a organización e xestión foi feita por xueces non profesionais.

Por outra banda a federación Galega cambiou a data de inscripción do campionato Galego Benxamín, Alevín, Infantil que se disputará en Coruña o vindeiro 31/03. Polo tanto, apenas os atletas Cadetes e Xuvenis teñene especial interés en acudir ao Control de marcas de Noya o vindeiro Sábado 17/03, onde poderán competir en probas previstas e horarios no seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.com/hs170312.pdf

Aqueles Pais e Atletas de outras categorias que teñan dúbidas ou que, ainda podendo facer as mínimas na competición do día 24/03 en Santiago, teñan especial interés en competir en Noya, deben entrar en contacto cos adestradores ou mandar un correo a millaraio@gmail.com antes do mércores as 22:00.

Polo tanto a todos os que non van a Noya, adestramento todos na Pista de 11:00-12:30 os do Grupo1 (2002 e anteriores) e de 12:30 a 13:30 os do G2 -(2003, 2004 e 2005).

Un Saúdo!

viernes, 9 de marzo de 2012

COMPETICIÓN INTERNA- MILLARAIO-USC

Sábado día 10/03 o clube Millaraio organiza en conxunto con o atletismo da USC un competición interna extraoficial onde tomarán parte todos aqueles atletas dos dous clubes que o desexen. Non hai que anotarse previamente, bastando estar polo menos 15 minutos antes da proba para poder comunicar a participación e facer o quecemento.

O obxectivo da actividade é achegar os nosos atletas às condicións de competición para que poidan coller experiencia e tamén verificar as marcas de cada un,  xerándonos unha referencia a hora de decidir as probas en que se anotarán nos vindeiros campionatos.

As probas estarán controladas polos adestradores e é muito importante tamén contar con o apoio de algúns pais para axudar nos traballos de loxística da competición polo que pedimos que aqueles que poidan botar unha mán avisen a algun dos adestradores que vai orientar as tarefas necesarias para levar a cabo a actividad. Esa axuda é importante para evitar retrasos e para o bo desenvolvemento da actividade.

Déixovos o Programa horario da probas:


Competición interna entre o Club Atletismo Millaraio e a USC

HORARIO DA COMPETICIÓN
100 mv Cad./Xuv Mixto                      11:00         Lonxitude Alevín Mixto                  
80 mv Inf. Homes   e Mulleres           11:15
100m Cad./Xuv Mixto                         11:30       Lonxitude Mixta Infantil/Cadete/Xuv
                                                              11:35       Peso Mixto Infantil (3kg)/Cad( 4kg) /Xuv(5kg)   
80ml Mixto Infantil                              11:45      
60 ml Mixto Alevín                              12:00       
50 ml Mixto Benxamín                        12:20        Peso Mixto  Benxamín/Alevín (2kg)
                                                  12:30        Lonxitude Benxamín   
                                                  12:35          Altura Mixta Infantil/Cad/Xuv              
500 ml Mixto Alevín                            13:00       
500 ml Mixto Infantil                           13:10
600 ml Mixto Cad/xuv                          13:20       
500 ml Mixto Benjamín                        13:25

Os participantes  terán 3 intentos en cada concurso.

Os atletas da categoria Benxamín e Prebenxamín que non poidan chegar antes das 12:30 non deben preocuparse pois se fará unha serie de 50m sobre as 12:45 para que poidan correr.

Os atletas deben traer a equipación de competición e tamén, os que teñan, as zapatillas de clavos.

Millaraio.

lunes, 5 de marzo de 2012

Carreira de Padrón - Millaraio clube de maior Participación!

O clube Millaraio participou con 62 atletas na Carreira padronesa o pasado sábado con representación en todas a categorias disputadas. Tal representación rendeu ao clube diferentes premios individuais e tamén un premio colectivo, o de clube mais numeroso, onde subirón ao podiun todos os atletas do clube presentes para recoller o trofeu.

O clube está moi contento con o compremetimento de todos nas carreiras en que acudimos como clube e é un orgullo ver a tantos atletas do Millaraio xuntos num mesmo evento, dando a coñecer o noso proxecto en moitas partes, onde os nosos atletas fan cada vez mellores carreiras!

Deixamos o enlace cos resultados (as categorias menores estan ao final)

http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/s030312.pdf


Sábado que ven, competción Interna Nas Pistas da USC. Mais detalles no calendario.

Un saúdo!

jueves, 1 de marzo de 2012

Millaraio na TV

Deixamos a ligazón do programa Citius, Altius, Fortius exibido na TVG2 no último Domingo dia 19/02, onde entre outros temas trátouse de contar como desenvolveuse o Campionato Galego Cadete de Pista Coberta onde participarón alguns dos nosos atletas!

Entre os minutos 13 e 16 podemos ver algunhas imaxes onde aparecen os nosos lusindo a camiseta de Millaraio e deixando a marca do clube nesta importante competicióbn de nivel autonómico.

http://vimeopro.com/citius/citius/video/37278489

Parabéns aos Participantes e ahora toca buscar as mínimas para acudir ao campionato Galego de Pista ao Aire Libre en Maio.