Por este motivo, Millaraio dá tanta importancia à participación e coñecemento nas mais diversas probas e tamén motiva a que nosos atletas participen nas competicións escolares e tamén nas organizadas pola federación de Atletismo. Dentro da oferta competitiva actual, cabe explicar un pouco as características e importancia das competicións, principalmente para orientar aqueles ques estan comenzando no mundo do atletismo e facémolo deixando a información abaixo que se refere a competicións que teremos en Marzo:
Competicións atletismo Escolar en Pista:
Así como nas competicións de cros, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia organiza unha competición escolar en Pista con fases Zonal, Provincial e, no caso dos atletas infantiles, Galega. A Zona a que pertence Millaraio ten 2 probas e o Calendario proposto é o seguinte:
1ª Xornada Competición individual: 24 de Marzo
en Santiago
2º Xornada Competición individual: 21 de Abril
na Pobra
Campeonato Provincial: 12/05/2012
Campionato galego (soamente
infantis): 26/05/2012
O regulamento aqui permite unha participación amplia en unha grande gama de probas e iso nos permite ter mais opcións cuanto a horarios e variedade de probas a escoller. Para a competición do día 24/03 esa escolla estará condicionada pola necesidade de acadar unha marca para o campionato galego de Pista Coberta da semana seguinte. (Ler explicación de Pista Coberta abaixo)
O clube fará as inscripcións de todos os atletas e pide que nos confirmen aqueles que NON VAN PARTICIPAR antes do lúns día 19/03. A non confirmación seguida de non presentación, váise ter en conta para as futuras inscripcións que dependan de prazas limitadas.
Os horarios das probas están na seguinte ligazón:
http://www.atletismogalego.com/hs240312.pdf
Aqueles pais que por motivos diversos teñan preferencia por un periodo ou outro (mañana ou tarde) deben comunicalo à direción técnica en millaraio@gmail.com e consultar con o atleta que proba ou probas se lle aconsella participar por parte dos adestradores con a regla de que unha proba escolle o atleta e a outra os adestradores.
Na semana anterior ao campionato publicaremos o regulamento e as condicións esixidas para acudir à fase provincial. Aqueles que non poidan participar poden igualmente ir na seguinte fase en A Pobra do Caramiñal, baixo os mesmos terminos.
Competicións de Pista Coberta:
Polas características climatolóxicas do noso País, as competicións de pista en inverno faríanse mais agradables e seguras se realizadas en Pista Coberta. Galicia conta apenas con a Pista de Riazor(A Coruña), con 160m de corda e o atletismo comparte o espacio con outros deportes que utilizan o mesmo Recinto para a súa práctica competitiva.
Os Cadetes e Xuvenís xa tiverón seus campionatos galegos en Fevereiro, pero os Benxamíns, Alevíns e Infantiles teñen seu campionato de PC (Pista Coberta) o vindeiro 31/03 en Xornada de mañan e de tarde (depende da proba que se faga).
Para clasificarse, os cadetes e xuvenis teñen que acadar unha marca mínima estipulada pola organización a cada ano e os mais pequenos serán selecionados por marcas e cada atleta só pode paerticipar en 2 Probas sendo que apenas unha pode ser de mais de 500m.
Dexamos o enlace con o regulamento da competición onde tamén figuran Horarios e Normativa de Inscripcións:
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2017-2012.pdf
Para participar do Campinato Galego de PC do día 31/03 os atletas deben confirmar ao clube súa intención de participar atá o día 24/03, via email millaraio@gmail.com e, unha vez feitas as inscripcións, o clube vai comunicar a lista de atletas admitidos e excluídos. As listas deben publicarse o Mércores 28/03 e rogamos que se teña en conta que día 31/03 é inicio das vacacións de Semana Santa.
As dubidas que poidan surxir, podedes aclarar con os membros da directiva ou adestradores.
Un Saúdo e a disfrutar dos nosos atletas participando nas probas de Pista!
No hay comentarios:
Publicar un comentario