Sábado día 10/03 o clube Millaraio organiza en conxunto con o atletismo da USC un competición interna extraoficial onde tomarán parte todos aqueles atletas dos dous clubes que o desexen. Non hai que anotarse previamente, bastando estar polo menos 15 minutos antes da proba para poder comunicar a participación e facer o quecemento.
O obxectivo da actividade é achegar os nosos atletas às condicións de competición para que poidan coller experiencia e tamén verificar as marcas de cada un, xerándonos unha referencia a hora de decidir as probas en que se anotarán nos vindeiros campionatos.
As probas estarán controladas polos adestradores e é muito importante tamén contar con o apoio de algúns pais para axudar nos traballos de loxística da competición polo que pedimos que aqueles que poidan botar unha mán avisen a algun dos adestradores que vai orientar as tarefas necesarias para levar a cabo a actividad. Esa axuda é importante para evitar retrasos e para o bo desenvolvemento da actividade.
Déixovos o Programa horario da probas:
Competición interna entre o Club
Atletismo Millaraio e a USC
HORARIO DA
COMPETICIÓN
100 mv Cad./Xuv
Mixto 11:00
Lonxitude Alevín Mixto
80 mv Inf.
Homes e Mulleres 11:15
100m Cad./Xuv
Mixto 11:30 Lonxitude Mixta Infantil/Cadete/Xuv
11:35 Peso
Mixto Infantil (3kg)/Cad( 4kg) /Xuv(5kg)
80ml Mixto Infantil 11:45
60 ml Mixto
Alevín 12:00
50 ml Mixto
Benxamín 12:20 Peso Mixto Benxamín/Alevín (2kg)
12:30 Lonxitude Benxamín
12:35
Altura
Mixta Infantil/Cad/Xuv
500 ml Mixto
Alevín 13:00
500 ml Mixto
Infantil 13:10
600 ml Mixto
Cad/xuv 13:20
500 ml Mixto
Benjamín 13:25
Os participantes terán 3 intentos en cada concurso.
Os atletas da categoria Benxamín e Prebenxamín que non poidan chegar antes das 12:30 non deben preocuparse pois se fará unha serie de 50m sobre as 12:45 para que poidan correr.
Os atletas deben traer a equipación de competición e tamén, os que teñan, as zapatillas de clavos.
Millaraio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario